"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nó gordiano.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (238). Cónsul cos emperadores Caracalla (213) e Alexandre Severo (229), serviu como procónsul en África, onde acadou moita popularidade. Dirixiu unha sublevación dos grandes propietarios africanos contra Maximino e proclamouse emperador xunto co seu fillo homónimo. O senado aprobou a elección e nomeounos emperadores, pero o gobernador de Mauritania derrotounos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (238), fillo de Gordiano I. Foi pretor e cónsul co Emperador Alexandre Severo. Asociado ao trono co seu pai, morreu na batalla contra o gobernador de Numidia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (238-244), neto de Gordiano I. Foi elixido sucesor de Maximino, despois dos reinados de Balbino e Pupieno, pola garda pretoriana. Gobernou coa axuda da súa nai e do prefecto do pretorio Timesiteo, pero, trala morte deste durante a campaña contra os persas, sucedeuno Filipo o Árabe (243), que o mandou asasinar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Coñecida co pseudónimo de Anna Andrejevna Akhmatova, adscribiuse ao movemento do acmeísmo. A súa lírica xira ao redor do amoroso e tamén escribiu poemas patrióticos. Publicou Vecer (1912), C’otki (1914) e Anno domini MCMXXI (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ostān de Golestan, Irán, situada ao longo dun tributario do río Qareh, preto do mar Caspio (188.710 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan os restos das antigas murallas e a torre mausoleo de Gunbad-i-Qabus (s XI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Membro da democracia cristiá, foi ministro de Facenda (1982-1987), data na que foi nomeado primeiro ministro. Dimitiu en 1988 e posteriormente ocupou a carteira de Facenda (1992-1993), cargo do que tamén dimitiu tralas acusacións de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República autónoma de Taxikistán (63.700 km2; 167.100 h [estim 1991]). A capital é Horugh (14.800 h [1991]). Limita ao L con China e ao S e ao O con Afganistán. O clima da parte occidental é moderadamente continental; a oriental é máis fría e seca. Na parte occidental habitan principalmente taxicos, e na oriental, kirguisos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Distinguiuse pola súa poesía esteticista e polo compromiso político. Foi teórico marxista, de tendencia esquemática e doutrinaria. Publicou Mei (1889) e Pan (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Banco central da URSS creado en 1921. De propiedade estatal, dependía do ministerio de Finanzas. Era un órgano de planificación e de control do plan xeral económico e responsable da emisión e da regulación do volume de moeda en circulación. Posuía o monopolio do crédito a curto prazo e recibía e redistribuía todos os orzamentos estatais a fondo perdido. En 1990 perdeu o monopolio financeiro e converteuse no banco central do novo sistema bancario ruso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión de planificación estatal da URSS, creada en 1921 para a elaboración dos plans económicos soviéticos. Foi de-señada coa intención de dirixir a actividade económica da URSS e as súas relacións económicas cos demais países. A súa tarefa era a elaboración do plan xeral e o control da súa execución a través dos representantes do Gosplan nas diversas repúblicas da URSS.
-
PERSOEIRO
Compositor valón. Foi mestre de música, director da Opéra de París e, coa Revolución Francesa, foi compositor oficial da República. En París deuse a coñecer con óperas como Le faux lord (1765), Toinon et Toinette (1767) e Sabinus (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista alemán. Na súa obra Evolución das leis do intercambio humano (1854), formulou as leis fundamentais da utilidade marxinal, denominadas “leis de Gossen”, sobre a saturación progresiva das satisfaccións e necesidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Hildesheim. Monxe bieito (990), foi elixido abade de Niederaltaich (996). O Emperador Enrique II confioulle a reforma doutros cenobios e abadías, como as de Hersfeld e Tergensee. En 1022 sucedeu a san Bernardo de Hildesheim na súa diocese. A súa festividade celébrase o 4 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que tende ao gótico ou que ten reminiscencias súas.
-
ILLAS
Illa e län de Suecia, situada no Mar Báltico, a 90 km da costa oriental sueca (3.140 km2; 57.313 h [estim 2000]). A capital é Visby (21.000 h [2000]). É un altiplano de menos de 100 m de altura. A escasa poboación dedícase principalmente á explotación forestal e á pesca. Ten gandería ovina e bovina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo en desuso equivalente ao Siluriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Gotlandiano.
-
PERSOEIRO
Crítico, poeta e dramaturgo. En Die deutsche Schaubühne nach den Regeln der alten Griechen und Römer eingerichtet (O teatro alemán composto segundo as regras dos antigos gregos e romanos, 1741-1745) recolleu un conxunto de obras que consideraba modélicas para establecer un teatro nacional. Escribiu a traxedia Der sterbende Cato (O moribundo Catón, 1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico francés. Foi o autor do proxecto do xardín botánico de Perpignan e máis tarde profesor de botánica en Montpellier (1767-1803). Foi o máis destacado dos linneóns franceses.
VER O DETALLE DO TERMO