Gorno-Badakhšan

Gorno-Badakhšan

República autónoma de Taxikistán (63.700 km2; 167.100 h [estim 1991]). A capital é Horugh (14.800 h [1991]). Limita ao L con China e ao S e ao O con Afganistán. O clima da parte occidental é moderadamente continental; a oriental é máis fría e seca. Na parte occidental habitan principalmente taxicos, e na oriental, kirguisos.