"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
soarego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que corresponde á forma diminutiva de Sar, que deriva do céltico ou precéltico sar ‘corrente de auga’.
-
PERSOEIRO
Relixioso, fillo dos marqueses de Valladares. Foi inquisidor xeral (1669-1695), auditor do Tribunal de La Rota en Roma, vigairo na corte de Sicilia, bispo de Oviedo e Plasencia, e membro do goberno durante a minoría de idade de Carlos II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Moctezuma e duque de Atrisco, coa grandeza de España. Foi vicerrei de Nueva España, membro do Consello Real e presidente do Consello de Indias. En 1702 participou na Batalla de Rande.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do judeţ de Satu Mare, Romanía, situada na ribeira do Someş, próximo ás fronteiras de Ucraína e Hungría (130.072 h [estim 1999]). Ten industrias de fabricación de mobles, aparatos eléctricos e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (4.418 km2; 367.281 h [2002]). A súa capital é Satu Mare.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Despois dunha etapa influenciada polo surrealismo, iniciou a súa adscrición á abstracción expresionista, ao xestualismo e ao neofigurativismo, que enlazou coa pintura de acción. Foi membro cofundador do grupo El Paso (1957). A súa obra inscribiuse nunha liña de denuncia desmitificadora, con frecuentes alusións históricas (Retrato imaginario de Felipe II), e unha constante utilización do tremendismo, como nas series das Crucifixiones e as Multitudes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Criticou a moral, os costumes e a relixiosidade tradicionais da burguesía española. Dirixiu, entre outras, Los golfos (1960), La caza (1965, Silberner Bär no Festival de Cine de Berlín 1966), Peppermint Frappé (1967, Silberner Bär no Festival de Cine de Berlín 1968), La prima Angélica (1973, Premio á mellor dirección no Festival de Cine de Cannes 1974), Cría cuervos (1975), Deprisa, deprisa (1980, Goldener Bär no Festival de Cine de Berlín 1981), Eldorado (1988), Flamenco (1995), Tango, no me dejes nunca (1998), Goya en Burdeos (1999) e El séptimo día (2004), ademais da triloxía flamenca Bodas de sangre (1981), Carmen (1982) e El amor brujo (1985), que acapararon numerosos premios internacionais. Doutor honoris causa pola Universidad de Zaragoza (1994), recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado en Roma, trasladouse a Nápoles (1683), onde escribiu un gran número de óperas que deron forma e estrutura á ópera napolitana posterior con elementos como a aria da capo. Compuxo oratorios e cantatas, como Il giardino d’amore, música instrumental, a ópera cómica Il trionfo dellónore (1718) e o Stabat Mater.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz, irmá de Maximilian Schell. Coñecida como Maria Schell, da súa filmografía destacan Die letzte Brücke (1954, premio de interpretación en Cannes), Gervaise (1955, premio de interpretación en Venecia), Le notti bianche (1957), Le diable par la queue (1968) e 1919 (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo italiano. Foi director do observatorio de Brera, en Milán. Estudou as variacións do aspecto e da luminosidade da cabeza do cometa Pons-Brooks (1833) e demostrou que a órbita dos meteoritos do enxame das Perseidas coincidía coa órbita do cometa observado en 1826. Foron moi importantes as súas observacións do planeta Marte, do que a partir de 1877, difundiu a existencia de canles, descubertas por A. Secchi.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cliente habitual dunha taberna, bar ou comercio.
-
Persoa que sente unha grande afección por un determinado equipo.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo e crítico literario. Dos seus estudos destacan as edicións de Orlando furioso e a Opere minori (1954-1964) de Ariosto, Prosa del Duecento (1958), Lingua, stile e società. Studi sulla storia della prosa italiana (1963), Le strutture e il tempo (1975), Notizie dalla crisi. Dove va la critica letteraria (1994) e Tempo di bilanci. La fine del Novecento (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en Ourense a partir do 7 de marzo de 1945. Cesou en 1959. Subtitulada “Órgano del Fomento de Vocaciones Sacerdotales. Suplemento al Boletín Oficial Eclesiástico”, foi dirixida por Miguel A. Araújo. Imprimiuse nos obradoiros de La Región.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é case transparente.
-
Lámina que, por medio dun depósito de prata nunha das superficies, reflite parte da luz que lle chega e deixa pasar o resto.
-
-
GALICIA
Médico. Catedrático de Patoloxía Xeral na Universidade de Cádiz. Foi subdirector do Instituto Nacional de Oncología (1965-1981) e representante de España no comité da UE para a prevención do cancro. Escribiu Introdución al estudo del enfermo oncológico (1973), El cáncer y su prevención (1993) e Qué é o cancro?: unha resposta simplificada (1998) e numerosos artigos relacionados cos marcadores biolóxicos de tumores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, dramaturgo e actor inglés. Arredor de 1588 instalouse en Londres, e axiña se deu a coñecer como actor, na compañía Chamberlain’s Men, e como dramaturgo. Os seus primeiros poemas, “Venus and Adonis” (1593) e “The Rape of Lucrece” (1594), dedicoullos ao conde de Southampton, o seu mecenas. Neste momento comezou a escribir as súas grandes obras, que representaba o seu amigo Richard Burbage, en The Theatre, The Curtain e The Globe. Cando morreu a Raíña Elisabet (1603), a compañía Chamberlain’s Men púxose baixo o padroado de Xaime I e pasou a chamarse King’s Men. Cara a 1611 retirouse a Stratford, despois de actuar na escena durante vinte anos e crear a maior serie de obras teatrais concibidas por un único home. Tras a súa morte, dous dos seus compañeiros de teatro, Heminges e Condell, publicaron as súas obras (1623). Ignórase a data de composición de moitas delas, aínda que se pode establecer unha cronoloxía aproximada. Antes de 1593: Henri VI, Titus Andronicus, Love’s...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Dos seus filmes destacan Romeo and Juliet (1936), Marie Antoinette (1938) e Her Cardboard Lover (1942). Gañou o Oscar á mellor actriz polo seu papel en The Divorcee (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Preside o grupo empresarial Nosa Terra XXI, dedicado a actividades marítimas e sanitarias, e composto polas empresas Remolcanosa, Elcano, POVISA e o hospital compostelán Nosa Señora da Esperanza. Recibiu a Medalla al Mérito Sanitario (1998), a Medalla de Prata de Galicia (2002), a Medalla al Mérito Policial (2002) e a máxima distinción do Club Financeiro de Vigo (2002).
VER O DETALLE DO TERMO