"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Entre as súas obras, caracterizadas polo humor e a fantasía, destacan as novelas The Ginger Man (O home de xenxibre, 1955), A Singular Man (Un home estraño, 1963) e Gentleman (O cabaleiro, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘repousar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Italia, afluente pola esquerda do Po. Nace ao pé do Montblanc, nos Alpes, pasa por Ivrea e desemboca no Po, preto de Chivasso, despois dun percorrido de 160 km. O seu réxime é nivo-glaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante. Condottiere ao servizo da Santa Sé e doutros príncipes, controlou o goberno de Xénova. Despois de someter a rebelión de Córsega (1503-1506), organizou a mariña xenovesa e obtivo importantes vitorias contra os corsarios africanos no Mediterráneo. Colaborou con Francisco I de Francia na defensa da cidade ante as tropas de Carlos V (1527), pero despois pasou ao servizo do emperador. Reorganizou a vida política xenovesa e instaurou un goberno oligárquico estable, pero conservou as institucións republicanas. Recibiu os títulos de príncipe de Melfi (1531), marqués de Tursi, gran protonotario hereditario do Reino de Nápoles (1555) e almirante da flota española no Mediterráneo. Dirixiu unha expedición a Tunes (1535) e outra a Alxer (1541). Consolidou o seu poder en Xénova e converteu os xenoveses nos principais banqueiros e comerciantes de España. Despois de reprimir unha nova rebelión, deixou os seus estados a Gian Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Filla do actor Maurice Dorléac, comezou a traballar no cine con catorce anos en pequenos papeis. Demostrou a súa capacidade para interpretar personaxes dunha certa complexidade psicolóxica en películas, como Repulsión (1965), Belle de jour (Bela de día, 1966), Tristana (1970), Le dernier métro (O derradeiro metro, 1980), Agent trouble (Axente turbio, 1987), Indochine (Indochina, 1992), Ma saison préférée (A miña estación preferida, 1993), La partie d´échecs (A partida de xadrez, 1994), Les voleurs (Os ladróns, 1996) ou Genealogies d´un crime (Xenealoxías dun crime, 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boimorto. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas fundado cara ao 1152 por Lupa Pérez de Traba, filla do conde Pedro Froilaz. Construída no primeiro cuarto do s XIII, ten unha soa nave e unha ábsida de planta rectangular que aumentou en altura e acadou a mesma ca a nave. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor descansa nun par de semicolumnas pegadas de fustes curtos sobre bases áticas e con capiteis vexetais formados por pequenas follas sen nervaturas con pomas ou volutas nas puntas. O arco faixón presenta unha organización e decoración similar. A fiestra que debeu existir no testeiro da ábsida desapareceu e no seu lugar situouse outra arquitrabada que non se ve dende o interior. Ao norte construíuse unha sancristía, que permitiu que no seu interior se conserven os canzorros cóncavos que se perderon no beiril meridional. Ao norte da nave...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa mártir. De familia patricia, era filla dun senador da Capadocia. Morreu decapitada baixo o mandato de Diocleciano no 304. É patroa de floristas e xardineiros. Na iconografía viste túnica e palio coma as doncelas romanas, ás veces cunha coroa de flores, e leva como atributo unha cesta de flores e froitas. Santa Dorotea é titular da parroquia de Folgoso, concello de Abegondo. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Dορό ϴ ευς (para o masculino) e Dορό ϴ εα (para o feminino) -formas compostas de δ ῶ ρον ‘don, ofrenda’ + ϴ εός ‘deus’-, latinizados en Dorótheus e Dorothea, co significado ‘don de Deus’, igual que Dositeo e Teodosio. Presenta os hipocorísticos Dora e Tea. Hai varios santos mártires con este nome, pero a de maior tradición é santa Dorotea (ss III-IV), virxe mártir turca, que se celebra o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Dοσί ϴ εος (δόσις ‘don, dávida’ + ϴ εός ‘deus’), latinizado en Dositheus ‘don de Deus’. San Dositeo (s VI), monxe asceta en Gaza, celébrase o 29 de febreiro. Tamén levou este nome o primeiro heresiarca do pobo xudeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de drapear.

    2. Aplícase ás pezas, coma as faixas ou os paos, adornados con debuxos en forma de follaxe, de diferentes esmaltes.

    3. Disposición dun tecido ou vestidura de xeito que formen ondulacións ou pregaduras harmoniosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar ou pregar os panos dun tecido ou vestidura dándolles unha caída harmoniosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo olímpico de baloncesto dos EE UU que participou nos Xogos da XXV Olimpíada da era moderna (Barcelona 1992). Ata os Xogos de Seúl 1988 os EE UU mantiveran unha hexemonía absoluta no baloncesto olímpico masculino, que tan só fora quebrada en Múnic 1972, cando o equipo da URSS se impuxera na final aos estadounidenses. Os Xogos de Seúl 1988 foron os primeiros nos que se permitiu a participación de baloncestistas profesionais, pero os EE UU enviaron un combinado de xogadores da liga universitaria. A derrota desta selección, que non acadou a final (Iugoslavia venceu a URSS) e só puido lograr a medalla de bronce, provocou unha fonda crise nos dirixentes deportivos do país, que prepararon para a seguinte edición dos xogos un equipo coas máximas figuras do seu baloncesto profesional. Así, obtiveron a medalla de ouro nos Xogos de Barcelona. Os integrantes daquela selección, adestrada por Chuck Daly e capitaneado por Larry Bird e Earwing Magic Johnson, foron: Charles Barkley, Clyde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro londinense antigamente denominado Teatro Real. O actual edificio é o cuarto en ocupar a mesma situación, en Bridges Street. O primeiro, denominado Theatre Royal, foi construído en 1663 por Thomas Killigrew para acoller a compañía The King’s Men, que posuía unha das dúas patentes para representar espectáculos teatrais, mentres a outra era dos propietarios do Covent Garden. Foi destruído por un incendio, pero en 1674 Christopher Wren levantou un novo teatro. Á súa fronte situouse, en 1747, David Garrick, un dos actores máis célebres do teatro inglés da época, que realizou unha fonda transformación dos métodos de realización e produción. Converteu o Drury Lane nun dos referentes da incorporación dunha incipiente tecnoloxía teatral. En 1776 a patente e a dirección do teatro pasaron a mans de Richard Brinsley Sheridan, quen construíu un novo edificio en 1794, cunha capacidade para 3.600 espectadores, tamén destruído nun incendio en 1809. O actual edificio foi inaugurado en 1812, e foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Licenciouse na Illinois University (1924) e acadou o doutoramento na Rochester University (1927). En 1938 ocupou o posto de xefe do departamento de bioquímica do Cornell University Medical College. Realizou estudios sobre a transmetilación e sobre o metabolismo da biotina e de distintos compostos do xofre. En 1955 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións para a determinación da estrutura e a síntese das hormonas oxitocina e vasopresina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor francés. Comezou a súa formación artística na École des Beaux Artes de Le Havre e en 1918 trasladouse a París onde ingresou na Académie Julian. En 1924 abandonou a pintura e dedicouse a atender o negocio vinícola familiar. Instalouse en París e dende 1946 entregouse en exclusiva á pintura. Foi o creador da arte bruta e expuxo as súas obras reunidas en Prospectus et tous écrits suivants (Folletos e todos os escritos seguintes, 1946 e 1967). Entre as súas creacións destacan as series Metro (1943), Corps de Dames (Corpos de damas, 1950) e Sols et terrain (Terras e terreos, 1951-1952). Defendeu unha arte, a naif e a psicopatolóxica, en que interviñesen factores como a espontaneidade, o azar, a broma e a vontade de expresión por diante do refinamento estético. Loitou contra o espírito burgués e a arte concreta. Foi, xunto con J. Fautrier, un abandeirado do informalismo. En 1976 doou a súa colección á cidade de Lausanne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante francés. Filibusteiro e gobernador de Santo Domingo (1691), durante a Guerra de Sucesión española (1701-1714) loitou a favor de Filipe V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Son notables os seus estudios sobre a brillantez do ceo nocturno, baseados nun gran número de medidas fotométricas, espectroscópicas e polarimétricas, e sobre a materia interestelar na rexión central da Via Láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da obra Don Quixote baseado na vilá Aldonza Lorenzo, campesiña de Toboso que Cervantes presenta como posuidora de todas as calidades e a quen, a imitación dos cabaleiros antigos, don Quixote rende homenaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO