Dubuffet, Jean

Dubuffet, Jean

Pintor e escultor francés. Comezou a súa formación artística na École des Beaux Artes de Le Havre e en 1918 trasladouse a París onde ingresou na Académie Julian. En 1924 abandonou a pintura e dedicouse a atender o negocio vinícola familiar. Instalouse en París e dende 1946 entregouse en exclusiva á pintura. Foi o creador da arte bruta e expuxo as súas obras reunidas en Prospectus et tous écrits suivants (Folletos e todos os escritos seguintes, 1946 e 1967). Entre as súas creacións destacan as series Metro (1943), Corps de Dames (Corpos de damas, 1950) e Sols et terrain (Terras e terreos, 1951-1952). Defendeu unha arte, a naif e a psicopatolóxica, en que interviñesen factores como a espontaneidade, o azar, a broma e a vontade de expresión por diante do refinamento estético. Loitou contra o espírito burgués e a arte concreta. Foi, xunto con J. Fautrier, un abandeirado do informalismo. En 1976 doou a súa colección á cidade de Lausanne.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Le Havre

  • Deceso

    Lugar : París