"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

      1. Froito ou semente dos cereais.

      2. Semente doutros froitos, redondeada e sen casca.

      1. Cada un dos froitos ou sementes que forman parte dun agregado.

      2. gran negro AGR

        Variedade de uva tinta.

      1. Parte ou porción redondeada e moi pequena de algo.

      2. Forma de agregación das partículas constituíntes dunha substancia que determina a maior ou menor dureza ou aspereza ao tacto.

      3. Cada un dos cristais poliédricos, normalmente visibles ao microscopio, que forman a estrutura policristalina dun metal ou dunha aliaxe. Cada gran fórmase a partir dun núcleo de cristalización e crece en todas as direccións e cunha única orientación dos átomos. Segundo o proceso de formación, os grans poden prolongarse nunha dirección preferente (grans alongados), poden presentar unha forma máis ou menos regular (grans equiaxiais) ou poden ser completamente irregulares.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten mérito, é forte, intenso, importante ou numeroso. OBS: É apócope de grande e só se emprega diante dos nomes en singular que comezan por consoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona do Universo cunha gran concentración de materia escura, o que provoca a atracción de diversas galaxias, entre elas a Vía Láctea. A súa existencia está sometida a controversia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de escollos, considerado o máis grande do mundo, situado diante da costa NL de Australia e que se estende 2.000 km, desde preto da desembocadura do río Fly, no golfo de Papúa, ata o cabo Sandy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do NO de Europa, a máis grande das illas do arquipélago británico (229.334 km2; 58.057.300 h [estim 2000]). Comprende Inglaterra, Escocia e Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa das Canarias, situada entre a de Tenerife e Fuerteventura (1.532 km2; 887.676 h [1996]). A capital é Las Palmas de Gran Canaria. De orixe volcánica, presenta unha forma case circular e está constituída por un macizo que acada a máxima altitude no Pozo de las Nieves (1950 m), no centro da illa. A poboación concéntrase no NL, que é a zona máis rica en agricultura; o 55% reside na capital. A produción de plátanos, localizada ao N e NL, e de tomates, ao S, é a riqueza principal. A industria concéntrase na zona NL e en Teide (industrias químicas, da construción, conserveiras e fábricas de elaboración de tabaco). Ten unha grande importancia o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gonzalo Fernández de Córdoba y Herrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da América Meridional entre a cordilleira dos Andes ao O, o río Paraguay ao L, os Llanos de Chiquitos ao N e o río Salado ao S (800.000 km2). Esténdese por Bolivia, Paraguay e Arxentina. Está formada por un zócolo cristalino recuberto por terreos aluviais e loess, inclinado cara ao L. É unha gran conca endorreica e só os ríos Pilcomayo e Salado atravesan a rexión de O a L, para desembocar no río Paraguay. Divídese en tres rexións: o Chaco Boreal, entre os Llanos de Chiquitos e o río Pilcomayo; o Chaco Central, entre o río Pilcomayo e o Bermejo e o Chaco Austral, entre o río Bermejo e o Salado. O clima é tropical, cunha pluviosidade que, sobre todo no verán, provoca o desbordamento dos ríos, inundando a rexión. A vexetación está basicamente constituída por bosques tropicais xerófilos. As fontes de riqueza do Chaco, ademais da explotación do petróleo, descuberto en 1931, son a explotación forestal, a minería (estaño) e actualmente adquiriron moita importancia as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Confederación integrada por Nueva Granada, Venezuela e Ecuador, constituída no Congreso de Angostura (1819) e da que Simón Bolívar foi o seu primeiro presidente. No congreso de Cúcuta, onde foi elaborada a Constitución (1821), manifestáronse as primeiras disensións entre centralistas e federalistas; feito que acabou provocando a súa desintegración coa separación de Venezuela (1829) e Ecuador (1830). En 1886 tomou o nome de República de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do SO dos EE UU, cunha extensión que sobrepasa o millón de km2, entre Sierra Nevada e as montañas Wasatch (Rochosas). Esténdese polos estados de Idaho, Utah, Oregon, Nevada, California e Arizona. Está formada por unha serie de concas e por cadeas de montañas constituídas por materiais volcánicos e sedimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca sedimentaria do interior de Australia. Ocupa unha superficie de 1.500.000 km2, desde o golfo de Carpentaria á conca do Eyre e Murray. Está formada por unha capa de xistos que recobren rochas de carácter poroso e areoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etapa da historia dos EE UU que se iniciou coa caída da bolsa de Nova York en 1929, que abriu paso a una profunda depresión económica, e se prolongou durante a década de 1930. Estendeuse polo resto dos países industrializados e deu lugar ao aumento do intervencionismo estatal na delimitación das políticas económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada desde o ano 1974, baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo. Ademais do editor, Silverio Cañada, o seu equipo de redacción estivo formado por numerosos especialistas, encargados de redactar os temas de cada unha das súas áreas de coñecemento, por directores de sección e por un comité coordinador formado por Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego e Basilio Losada Castro. Naceu co obxectivo de recoller por primeira vez nunha obra enciclopédica a propia identidade galega e todas as súas manifestacións culturais. Consta de trinta volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do Territorio do Noroeste, Canadá (28.438 km2). Atravésao o río Mackenzie, do que é regulador. Está comunicado co Gran Lago dos Osos e posúe explotacións de uranio e ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do Territorio do Noroeste, Canadá, de orixe glacial (32.000 km2). Atravésao o río do Oso e está comunicado co Gran Lago do Escravo. Desemboca no río Mackenzie. Nas beiras hai explotacións de uranio e radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do estado de Utah, EE UU (4.690 km2). A gran concentración de cloruro e sulfato de sodio da auga fai que esta, ás veces, chegue a solidificarse nos lugares pouco profundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conurbación de Reino Unido que abrangue 32 distritos ademais da cidade de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo alpino constituído principalmente por rochas cristalinas, situado entre os vales do Orco e do Dora Baltea, dos Alpes de Graies. Ten grandes altitudes, como o Gran Paradiso (4.061 m) e o Grivola (3.969 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso dos Abruzos, Italia, máxima altura dos Apeninos (Corno Grande, 2.914 m). Formado por rochas calcarias, ten un relevo modelado, en parte, polos glaciares.

    VER O DETALLE DO TERMO