"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria (2.601 km2; 351.565 h [2001]). A capital é Bregenz. Limita ao N con Baviera e o lago Costanza, ao O e ao S con Suíza e Liechtenstein e ao L co Tirol, a través do Arlberg Pass. Está atravesado polo Ill, afluente do Rin, polo Ach de Bregenz, tributario do lago Costanza, e polos cursos superiores do Lech e do Iller, afluentes do Danubio. O clima é continental alpino. Os recursos económicos derivan da gandaría e da industria diversificada.
-
PERSOEIRO
Romanista alemán. Profesor nas universidades de Heidelberg, Würtzburg e Múnic, reaccionou contra o mecanicismo dos neogramáticos para recalcar o papel do individuo na creación e difusión lingüística (Positivismus un Idealismus in der Sprachwissenschaft, 1901). Tentou aplicar a súa teoría (idealismo) ao francés e estableceu un paralelismo entre os fenómenos culturais e os cambios lingüísticos (Frankreichs Kultur im Spiegel seiner Sprachenwicklung, 1913). Destaca, tamén, o seu labor de hispanista en estudos sobre Lope de Vega ou frei Luis de León.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador inglés. Deseñou papeis pintados, tecidos e mobles e o prototipo das súas vivendas no campo en The Pastures (Rutland, 1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de West Midlands, Inglaterra (152.455 h [1981]). Está situada na periferia oriental de Birmingham.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla producida o 18 de xuño de 1815, nunha chaira preto da cidade de Waterloo (Brabante), entre o exército de Napoleón I e as tropas angloprusianas baixo as ordes de Wellington. A derrota significou a caída definitiva de Napoleón I.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Formado con M. Haydn e Vogler, a partir de 1811 actuou como director teatral en Breslau, Praga e Dresden. Das súas obras dramáticas destacan Der Freischütz (O cazador furtivo, 1821), Euryanthe (1823) e Oberon (1826).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Contribuíu á teoría de funcións, estudou as funcións abelianas, as elípticas, as variables complexas, o cálculo de variacións e a converxencia das series.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico alemán. Enunciou unha hipótese sobre a orixe termonuclear da enerxía estelar en 1938 e elaborou en 1944, xunto con Ter Haar, unha teoría sobre os procesos que tiveron lugar na nebulosa primitiva ata chegar ao sistema planetario actual.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en Inglaterra, en 1397, a Ralph Neville (?-1425), cuarto lord Neville of Raby e mariscal de Inglaterra, cuñado do futuro Rei Enrique IV. En 1624 foi concedido a sir Francis Fane (?-1629), barón de Burghersh e lord Despense. O título continúa na familia Fane.
-
PERSOEIRO
Explorador alemán. Xunto a J. Payer fixo a expedición máis importante das terras árticas (1873-1874). Descubriu a Terra de Francisco Xosé e explorou as costas de Nova Zembla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e inventor inglés. Fixo investigacións sobre acústica, pero despois dedicouse ás diversas aplicacións da electricidade. Ideou o calidófono, un sincronizador de reloxos (1840) e a ponte que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Das súas obras destacan dez sinfonías para órgano, o ballet La korrigane (1880) e os dramas líricos La nuit de Walpurgis (1887), Jeanne d’Arc (1890) e Les pêcheurs de Saint-Jean (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Recibiu o Premio Nobel de Física (2001), compartido con E. A. Cornell e W. Ketterle, pola realización da condensación Bose-Einstein, e polos seus fundamentais estudos sobre as propiedades da condensación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudou os núcleos de condensación, os ións, a electricidade atmosférica, a radiación cósmica e os raios X e γ. Recibiu o Premio Nobel de Física (1927), compartido con A. H. Compton, polo seu método para facer visible o camiño das partículas cargadas electricamente mediante condensación de vapor, por medio da cámara que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Descubriu un novo tipo de composto, chamado iluro, en que un átomo de carbono se une a outro átomo distinto por medio de dous enlaces diferentes, un iónico e outro covalente. Recibiu o Premio Nobel de Química (1979), compartido con H. C. Brown (1912), polos seus traballos no desenvolvemento de novos reactivos orgánicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Tom Wolfe, traballou nos xornais The Washington Post, The New Yorker e The Herald Tribune. Coñecido pola defensa do xornalismo como nova arte realista, recolleu as súas primeiras reportaxes en The Kandy Kolored Tangerine Flake Streamline Baby (1965), e continuou con The Electric Kool Aid Acid Test (1968), The Right Stuff (1979) e The Purple Decades (1983). En 1988 publicou a novela The Bonfire of the Vanities, sátira do Nova York na década de 1980, á que seguiu A Man in Full (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Escavou a cidade sumeria de Ur. Escribiu Ur Excavations (iniciada en 1927), The Sumerians (1928) e Alalak (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
arañeira mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Arles? s III) Notario. Foi martirizado por se negar a transcribir un edicto de persecución dos cristiáns en 303. Foi decapitado e, segundo a lenda, colleu a cabeza coas mans e tirouna ao Ródano, que chegou ao mar e a Cartagena. Iconograficamente representouse cunha toga e coa cabeza na man. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.
-
PERSOEIRO
Sacerdote. Exerceu o seu cargo en Portugal desde 1980 e en 1983 o Papa Xoán Paulo II nomeouno administrador apostólico en Timor Oriental. Bispo en Lorium (Lacio), desde 1988 defendeu os dereitos humanos de Timor e denunciou a necesidade dun plebiscito pola soberanía. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1996, compartido con J. Ramos Horta.
VER O DETALLE DO TERMO