"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. A súa obra pon de manifesto a influencia de V. G. Belinskij, dos socialistas utópicos franceses e de M. V. Petraševskij. Dos seus escritos destacan Gubernskie očerki (Artigos de provincias, 1856) e Gospoda Golovl’ovy (Os señores Golovliovi, 1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘compañeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Borneo Oriental, situada na costa oriental da illa de Borneo, Indonesia (335.016 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de San Marino, situada na vertente occidental do monte Titano (2.294 h [1997]). Conserva o aspecto medieval, cos tres muros graduados e concéntricos (ss XIII-XVI). Destacan as tres torres, Rocca ou Guaita, Cesta e Montale (ss XI-XIII), e o palacio Valloni (ss XV-XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Pequeno estado que forma un enclave independente e soberano dentro do territorio de Italia, entre as provincias de Forli, Pesaro e Urbino (61 km2; 27.000 h [estim 2001]). A súa capital é San Marino.
    Xeografía
    Trátase dun territorio moi accidentado, onde destaca o bloque calcario do monte Titano (738 m) e os outeiros arxilosos que o rodean. O clima é mediterráneo, cálido no verán, e frío e húmido no inverno. Varios ríos, Fiumicello, Ranco, Flocca e San Marino, atravesan o territorio. O turismo, a fonte principal de riqueza, é un sector que activa outros negocios paralelos como a venda de artesanías e de selos. Son importantes as remesas de cartos que proceden da poboación emigrada, instalada preferentemente en Italia e noutros países veciños. A agricultura produce trigo, uvas e cebada. A industria é fundamentalmente alimentaria. O 88,7% da poboación é urbana. Entre San Marino e Italia existe unha unión aduaneira e convencións no campo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobeira baixo a advocación de san Xes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corporación xudía que tiña a suprema autoridade relixiosa, con atribucións xudiciais, en Xudea, ou Palestina, baixo o dominio de Roma, ata que o Imperio Bizantino aboliu o patriarcado da antiga provincia romana. Antes da destrución de Xerusalén (70 d C) estaba formado por sacerdotes do templo baixo a presidencia dun gran sacerdote. Posteriormente foi constituído por mestres da lei baixo a presidencia dun patriarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a San Marino ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de San Marino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe feudal, unha das sete máis importantes do Reino de Nápoles polos grandes feudos que reuniu e polos personaxes ilustres que deu. Ten por xenearca ao normando Turgisio, compañeiro (1045) de Robert d’Hauteville, conde de Puglia-Calabria, que lle deu a señoría de Sanseverino. En 1463 formáronse as dúas grandes liñas da liñaxe: a liña primoxénita dos condes de Marisco e príncipes de Salerno, que se extinguiu á morte de Ferrante de Sanseverino (1507-1568), e a liña dos condes de Tricarico e príncipes de Bisignano, que extinguida en 1606 pasou á rama dos condes de Saponara, que se extinguiu en 1888. Por graza real os títulos foron herdados polos descendentes da filla do derradeiro príncipe de Bisignano, que pasaron a apelidarse Costa-Sanseverino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.927 h [2001]). É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado da rexión Sul de Brasil (95.443 km2; 5.356.360 h [2000]). A súa capital é Florianópolis. A rexión marítima é unha chaira baixa, anegable, con algunhas lagoas. A Serra do Mar forma a divisoria entre a rexión marítima e a do interior. Todos os ríos da rexión interior son tributarios do Uruguay, mentres que os ríos da rexión marítima desembocan no Océano Atlántico. Cultívase té, algodón, cana de azucre, trigo e tabaco e críase gando bovino e caprino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Barro (A Baña). O seu cumio acada os 523 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Barcia do Seixo (A Lama). O seu cumio acada os 993 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilamarín (Monforte de Lemos). O seu cumio acada os 544 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Fontecuberta (Palas de Rei). O seu cumio acada os 699 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Formigueiros (Samos). O seu cumio acada os 702 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada na parroquia de Camelle (Camariñas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Niñóns (Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Sil que nace na parroquia de Santa Mariña do Monte e desemboca na de Cesures, ambas as dúas no concello do Barco de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO