Santa Catarina

Santa Catarina

Estado da rexión Sul de Brasil (95.443 km2; 5.356.360 h [2000]). A súa capital é Florianópolis. A rexión marítima é unha chaira baixa, anegable, con algunhas lagoas. A Serra do Mar forma a divisoria entre a rexión marítima e a do interior. Todos os ríos da rexión interior son tributarios do Uruguay, mentres que os ríos da rexión marítima desembocan no Océano Atlántico. Cultívase té, algodón, cana de azucre, trigo e tabaco e críase gando bovino e caprino.