"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
PERSOEIRO
Político e publicista. En 1892 fundou en Xénova o Partito dei Lavoratori Italiani e elixido deputado en 1896, adoptou unha posición moderada, afín á de Giolitti. En 1922 fundou o Partito Socialista Unitario. Firme adversario do fascismo, exiliouse en París (1926) e grazas ao acordo con P. Nenni conseguiu restablecer a unidade do partido socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura fina dunha célula, tal como se observa no microscopio electrónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura prehistórica da Idade do Bronce, propia de Bohemia e Moravia. Durante unha primeira fase (1800 a C) utilizou o cobre, pero no momento do seu esplendor (1600 a C) desenvolveu unha cultura de bronce, caracterizada pola variedade de útiles e pola cerámica lisa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1919 para continuar os traballos da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. Ten como obxectivos o fomento da cooperación entre os químicos dos estados membro, o estudo de temas relacionados coa química de interese internacional onde faga falla regulación, a estandarización ou codificación e a contribución ao desenvolvemento da química pura e aplicada en todos os seus aspectos. Os seus órganos de expresión son o Journal of Pure and Applied Chemistry e o Chemistry International.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome oficial da República Surafricana desde 1910 ata 1961.
-
-
Acción e efecto de untar.
-
ungüento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión de Repúblicas Árabes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base pirimidínica aromática que se obtén por hidrólise dos ácidos nucleicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle do feto que une a vexiga urinaria co alantoide. No adulto, o seu rudimento, en forma de cordón fibroso que se estende desde a vexiga urinaria ata o embigo, toma o nome de ligamento umbilical medio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso que separa Europa e Asia. Constituído por unha faixa estreita que se estende entre as chairas de Rusia e de Siberia Occidental, desde o mar de Kara ao N, ata as estepas de Kazakhstán ao S, conta cunha lonxitude duns 2.000 km e unha anchura de 40-60 km, que só nalgunhas ocasións acada os 100 km. É unha antiga rexión mineira con grandes reservas minerais: ferro, cobre, níquel, cromo, aluminio, platino, ouro, sales potásicos, pedras preciosas ou asbesto. As oroxéneses que sufriu durante o Paleozoico Inferior e o Carbonífero Medio e os movementos tectónicos posteriores ocasionaron unha continuidade de elevacións e afundimentos. A vertente occidental descende suavemente cara á chaira rusa, mentres que a oriental faino con brusquidade cara á chaira de Siberia Occidental. O punto máis elevado correspóndese ao monte Narodnaja (1.894 m). O seu clima é zonal, atopando desde clima de tundra ao N ata o estepario ao S. A rede fluvial está menos desenvolvida na vertente occidental....
-
RIOS
Río de Rusia e Kazakhstán, situado entre os Urais e a depresión do Caspio (2.428 km). Nace na serra de Uraltau, nos Urais meridionais, e desemboca no Mar Caspio, preto de Gurjev, despois de dividirse en dous brazos. Os seus afluentes principais son o Ilek pola dereita, e o Sakmara pola esquerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
urálico.
-
-
Relativo ou pertencente ao río Ural, aos Urais, aos seus habitantes ou ás súas linguas.
-
Natural ou habitante dos Urais ou da zona do río Ural.
-
Phylum de linguas orixinario da zona dos Urais, que se falan na conca dos Cárpatos e nunha faixa setentrional de Eurasia, que vai desde o extremo N de Noruega ata a península de Taymir (Siberia) e queda limitada ao S polo paralelo 56. Divídese en dúas ramas, a das linguas finoúgrias e a das linguas samoiedas. As características comúns á totalidade ou á maior parte das linguas uralianas son a harmonía vocálica, a estrutura morfolóxica baseada esencialmente na aglutinación, a declinación rica en casos, e a subordinación expresada preferentemente por formas verbais non persoais.
-
-
-
ariedade de hornblenda, de estrutura fibrosa, que se forma a partir de piróxenos.
-
Nome comercial con que se coñece o fibrocemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha hipotética gran familia lingüística cunha unidade fundamental, aínda pouco demostrada, que comprende as linguas urálicas e as altaicas. Os trazos comúns destas linguas son a estrutura morfolóxica aglutinante, a apofonía consonántica e a harmonía vocálica.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Kazakhstán Occidental, Kazakhstán (195.500 h [1999]). Situada na ribeira dereita do río Ural, ten industria diversificada. Fundada polos cosacos no s XVII ata 1775 denominouse Jaizkij Gorodok.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga oblast’ de Kazakhstán, que coa independencia do país cambiou o nome polo de Kazakhstán Occidental.
-
-
Anión poliatómico que contén o uranio como átomo central.
-
Substancia que se obtén pola fusión de diferentes óxidos de uranio con carbonatos de metais alcalinos ou alcalinotérreos, ou por descomposición térmica de sales de uranilo, que responden, en xeral, á fórmula M<H>I</H> 2 U x O 3x+1 .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das nove musas da mitoloxía grega, considerada a musa da astronomía. Represéntase coroada de estrelas e cunha esfera e un compás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos lepidóptero, da familia dos uránidos, co corpo pequeno e de cores vistosas. Son diúrnos, e destaca a especie U. ripheus, que vive en Madagascar.