urálico -ca

urálico -ca

(< topónimo Ural)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao río Ural, aos Urais, aos seus habitantes ou ás súas linguas.

  2. s

    Natural ou habitante dos Urais ou da zona do río Ural.

  3. s m [LING]

    Phylum de linguas orixinario da zona dos Urais, que se falan na conca dos Cárpatos e nunha faixa setentrional de Eurasia, que vai desde o extremo N de Noruega ata a península de Taymir (Siberia) e queda limitada ao S polo paralelo 56. Divídese en dúas ramas, a das linguas finoúgrias e a das linguas samoiedas. As características comúns á totalidade ou á maior parte das linguas uralianas son a harmonía vocálica, a estrutura morfolóxica baseada esencialmente na aglutinación, a declinación rica en casos, e a subordinación expresada preferentemente por formas verbais non persoais.

Palabras veciñas

Urais | Ural | uraliano -na | urálico -ca | uralita | uraloaltaico -ca | Ural’sk