"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa multimedia líder en España en prensa de información xeral, cunha difusión media de máis de 800.000 exemplares diarios e unha audiencia que supera os 3.000.000 de lectores. Obtivo en 2001 unha facturación agregada de máis de 600 millóns de euros e posúe un activo de 808,5 millóns de euros. É a primeira empresa en prensa escrita e suplementos semanais, e cunha significativa presenza noutros ámbitos da comunicación: televisión, radio, medios dixitais, novas tecnoloxías, distribución e produtoras de cine e televisión. A orixe do Grupo Correo está na fundación de El Pueblo Vasco en 1910, que logo se fusionou co periódico El Correo. Posteriormente, sumáronse El Diario Vasco (1948), El Diario Montañés (1984), La Verdad (1988), Hoy (1988), Ideal (1988), Sur (1990), La Rioja (1993), El Norte de Castilla (1994), El Comercio (1995) e La Voz de Avilés (1999). A eles, súmase a empresa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
guerreante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución museística con sede en Bilbao. Situada ao mesmo nivel ca a ría do Nervión, naceu da colaboración entre as institucións vascas e a Salomon R. Guggenheim Foundation. Inaugurado o 3 de outubro de 1997, foi proxectado por Frank Owen Ghery. Está composto por distintos volumes interconectados, uns ortogonais cubertos por pedra calcaria, e outros curvos cubertos con placas de titanio, combinados por muros cortina de vidro. Dispón de 11.000 m2 dedicados á exposición. A colección permanente está integrada polos fondos procedentes do Guggenheim Museum, da Peggy Guggenheim Collection e do propio museo. Realiza exposicións temporais, conferencias, mesas redondas e actividades para centros escolares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xedeón.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, delimitado ao S polo río Alagón (1.530 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca a muralla almohade (ss IX-XIV), a igrexa parroquial (s XIII), a torre Picota e a ponte medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1165-1214), irmán e herdeiro de Malcolm IV. Nun intento por recuperar Northumbria, enfrontouse a Enrique II de Inglaterra, quen o derrotou na Batalla de Alnwick (1174), obrigándoo a asinar o Tratado de Falaise (8.12.1174), en que o monarca escocés se declaraba vasalo do inglés. Recuperou a soberanía sobre Escocia tras pagar a Ricardo I de Inglaterra 10.000 merks para a Terceira Cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sombreiro’.
-
PERSOEIRO
Impresor. Estableceuse en Santiago de Compostela entre os anos 1620 e 1633, aínda que probablemente as súas edicións esporádicas chegaron a 1660. Tirou do prelo, entre outras obras, De Jubileo (1628), de Méndez, e Constituciones de la Universidad de Santiago (1633).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoremas que relacionan o centro de masa dunha curva ou dunha superficie coa área ou o volume, respectivamente, que xeran ao xirar ao redor dun eixe. Segundo o primeiro teorema de Guldin, dada unha curva plana C, de lonxitude l, que xira ao redor dunha recta R do seu plano, á que non corta, a área A da superficie de revolución que xera é A= 2πdl, onde d é a distancia desde o centro de masa I da curva á recta R (no caso puramente xeométrico, o centro de masa calcúlase asignando a mesma masa a todos os puntos da curva matemática; no caso físico, o centro de masa é o do sistema de masas puntuais da curva material). O segundo teorema de Guldin afirma que, dada unha superficie plana S, de área A, que xira ao redor dunha recta R do seu plano, á que non corta, o volume V do sólido de revolución que xera é V=2πdA, onde d é a distancia desde o...
-
PERSOEIRO
Sociólogo francés de orixe rusa. Profesor da Sorbonne, foi o adaíl da socioloxía estrutural. Das súas obras destacan Déclaration des droits sociaux (1944) e Dialectique et sociologie (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político palestino. En 1952 fundou o Movemento Nacional Árabe, do que en 1967 xurdiu a Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), de ideoloxía marxista-leninista. Integrado na OLP, non admite ningún tipo de recoñecemento do estado de Israel. En 2000 dimitiu como xefe da FPLP.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo estadounidense. Organizou e dirixiu o observatorio de Kenwood, en Chicago, e os de Mount Wilson e Mount Palomar. Foi dos primeiros científicos en traballar a astronomía solar moderna, entre outros descubrimentos, destacou a explicación sobre as manchas solares. En 1891, ideou con H. Deslandres o espectroheliógrafo. A partir de 1905 e sendo director do observatorio de Monte Wilson, fixo construír un telescopio que foi o maior do mundo durante 30 anos, de 2,54 m de diámetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás haloragáceas.
-
Planta da familia das haloragáceas.
-
Familia de plantas herbáceas acuáticas da orde das haloragais. Presentan as follas opostas ou verticiladas, xeralmente divididas en segmentos capilares. As flores son hermafroditas ou unisexuais, tetrámeras, actinomorfas, de tamaño reducido, dispostas en espigas que sobresaen da auga e anemógamas. O periantio é trímero ou tetrámero, simple ou dobre. O froito é nuciforme ou drupáceo. Están distribuídas polas zonas temperadas e subtropicais, fundamentalmente no hemisferio sur e Australia. Engloba oito xéneros, dos que o máis representativo é o Myriophyllum. A especie máis abundante en Galicia é Myriophyllum alterniflorum.
-
-
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi profesor da Escola Politécnica. Investigou sobre todo a xeometría das curvas e as superficies alxébricas, e as funcións dos lípticos e as súas aplicacións. Foi o descubridor das invariantes diferenciais cos seus traballos sobre ecuacións diferenciais. Recóllese a maior parte do seu traballo nun compendio de tres volumes titulado Traité des fonctions elliptiques que foi publicado entre 1886 e 1991. Foi membro da Academia das Ciencias
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás hamamelidáceas.
-
Planta da familia das hamamelidáceas.
-
Familia de plantas leñosas de follas alternas, flores hermafroditas ou unisexuais e froitos xeralmente capsulares. Son propias das rexións temperadas, especialmente de Asia oriental e de América.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo e escritor alemán. Precusor do romanticismo, destacou pola súa teoría da revolución divina oposta ao coñecemento racional de Deus propugnado polos filósofos do seu tempo. Das súas obras destacan Tagebuch eines Christen (Diario dun cristián, 1758) e a súa obra póstuma contra I. Kant, Metakritik über den Purismus der reinen Vernunft (Metacrítica sobre o purismo da razón pura, 1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político conservador escocés, conde de Aberdeen. Foi ministro de Asuntos Exteriores nos gobernos do duque de Wellington (1828-1830) e R. Peel (1841-1846). Defendeu os principios librecambistas e dimitiu trala derrogación das Corn Laws (1846). En 1852 ocupou o cargo de primeiro ministro nun goberno de coalición pero dimitiu en 1885 tras fracasar no intento de evitar a Guerra de Crimea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. En 1703 foi a Hamburgo, onde actuou como violinista e clavecinista no teatro. Despois trasladouse a Italia e alí relacionouse con Lotti, os Scarlatti, Corelli e Pasquine. Foi mestre de capela da corte de Hannover. Durante unha estadía en Londres estreou Rinaldo (1711), Il Pastor Fido (1712) e Te Deum. Cando o elector de Hannover se converteu en Xurxo I de Inglaterra (1714), Händel continuou ao seu servicio. Posteriormente dedicouse á oratoria con Athalia (1753), Israel in Egypt (1739) e Saul (1739); en 1742 estreou en Dublín a obra máis célebre de todas, Messiah. A esta seguíronlle Aamson (1743), Belshazzar (1745), Judas Maccabaeus (1747), Joshua (1748), Solomon (1749) e Jephtha (1752). Nas décadas de 1730 e 1740, escribiu os orixinais concertos para órgano e as dúas series de concerti grossi; en 1749 consolidou a súa vinculación a Inglaterra con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
monoclamídeo.
-
PERSOEIRO
Escritor romántico alemán. Coñecido como Novalis, entendeu o amor como unha forza elemental anímica e cósmica, e no seu individualismo máxico todo coincidiu, individuo e universo, vida e morte, un e todo. Publicou Geistliche Lieder (Cánticos espirituais, 1799), algúns poemas alegres e vitais, Lied der Toten (Canto dos mortos) e Hymnen an die Nacht (Himnos á noite, 1800). Tamén publicou fragmentos literarios co nome de Blütenstaub (1798), o ensaio Die Christenheit oder Europa (A cristiandade en Europa, 1799) e a novela inacabada Heinrich von Ofterdinge, en resposta ao Wilhelm Meister, de Goethe.
VER O DETALLE DO TERMO