Hale, George Ellery

Hale, George Ellery

Astrónomo estadounidense. Organizou e dirixiu o observatorio de Kenwood, en Chicago, e os de Mount Wilson e Mount Palomar. Foi dos primeiros científicos en traballar a astronomía solar moderna, entre outros descubrimentos, destacou a explicación sobre as manchas solares. En 1891, ideou con H. Deslandres o espectroheliógrafo. A partir de 1905 e sendo director do observatorio de Monte Wilson, fixo construír un telescopio que foi o maior do mundo durante 30 anos, de 2,54 m de diámetro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chicago

  • Deceso

    Lugar : Pasadena, California