"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
FILOSOFOS
Filósofo escolástico. Chamado Doctor Solemnis, foi arcediago en Bruxas (1276) e Tournai (1279), e mestre de Teoloxía en París (1276-1292). Condenou o averroísmo (1277), opuxo o agustinismo ao tomismo e proclamou a superioridade absoluta da vontade sobre o entendemento. Escribiu quince Quodlibeta (1276-1291) e deixou unha Summa theologica inacabada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Duque de Luxemburgo (2000), fillo e sucesor do seu pai, o Gran Duque Xoán. Formouse na Real Academia de Sandhurst (1975) e licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Xenebra (1980). Foi presidente honorario do Consello de Desenvolvemento Económico de Luxemburgo e dende 1980 membro do Consello de Estado de Luxemburgo. O 4 de marzo de 1998 converteuse en tenente-representante do seu pai, a quen sucedeu o 7 de outubro de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Portugal, fillo de Xoán I e de Filipa de Lancaster. Organizou a flota que tomou Ceuta (1415) e, ao regresar a Portugal, foi nomeado cabaleiro, duque de Viseu e señor de Covilhã. Elixido rexedor e administrador da Ordem de Cristo (1416), dirixiu e organizou a expansión portuguesa polo Atlántico e as costas africanas. As súas flotas chegaron ao arquipélago de Madeira (1419-1420), aos Açores (1427?), ao cabo Bojador (1434), ao Río de Oro (1436), ao golfo de Arguim (1443), ao río Senegal (1445) e ao arquipélago de Cabo Verde (1457-1460). Promoveu a colonización das Ilhas dos Açores e Madeira. Preocupouse tamén pola introdución de melloras na agricultura nas terras da Ordem de Cristo en Tomar, e reorganizou os estudios da Universidade de Lisboa (1431 e 1440), onde introduciu, entre outras disciplinas, as matemáticas e a astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Alemaña (918-936) e duque de Saxonia e Turinxia (912), fillo de Otón I de Saxonia. Loitou contra Conrado I de Alemaña, ao que sucedeu no trono. Recuperou Lorena e derrotou os eslavos de Bohemia (929) e os húngaros (933). Enfrontouse aos dinamarqueses (934) e constituíu unha marca alemá entre o Eider e o Schlei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Castela (1214-1217), fillo de Afonso VIII e de Leonor de Inglaterra. Reinou baixo a tutela da súa irmá Berenguela I de Castela e de Álvaro Núñez de Lara, que mantiveron duros enfrontamentos polo poder. Núñez de Lara impúxose e buscou unha alianza con Portugal para asegurar o seu poder, polo que casou o rei con Mafalda de Portugal, filla do Rei Sancho I de Portugal (29.8.1215). Ao morrer Enrique nun accidente, Berenguela cedeu os seus dereitos ao trono ao seu fillo Fernando, que se converteu en Fernando III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre (1218-1253), fillo de Hugo I. Ao chegar á maioría de idade, liberouse das tropas do Emperador Federico II (1233). Converteuse en señor de Xerusalén (1246) e acompañou a Luís IX de Francia na Cruzada (1249).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla (1206-1216), fillo de Balduíno V, conde de Hianaut. Participou na Cuarta Cruzada xunto ao seu irmán, o Emperador Balduíno I. Despois da captura de Balduíno polos búlgaros na Batalla de Adrianápolis (1205), converteuse en rexente e en 1206 sucedeuno como emperador. Venceu os búlgaros en Salónica (1207) e liberou os gregos. Reorganizou o territorio e acadou a paz entre gregos e latinos despois de derrotar os bizantinos disidentes do Epiro (1207) e do Imperio de Nicea (1211 e 1214).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1031-1060), fillo de Roberto II. Sucedeu o seu pai no trono malia a oposición da súa nai e dos nobres. Cedeulle o ducado de Borgoña ao seu irmán Roberto (1032). Protexeu e axudou o seu sobriño Guillerme o Conquistador (futuro rei de Inglaterra) contra os baróns de Normandie, non obstante máis tarde puxéronse a mal e derrotouno en Montemer (1054) e Varaville (1058).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Haití (1811-1820). De nome Enrique Christophe, participou nas primeiras revoltas negras na illa de La Española e na defensa do Cap-Haïtien. Xeneral do exército haitiano, planeou xunto a Alexandre Pétion o asasinato do Emperador Jean-Jacques Dessalines en 1804. Proclamouse presidente de Haití do Norte en 1807 e iniciou unha guerra civil contra os partidarios de A. Pétion.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1100-1135), fillo de Guillerme I o Conquistador. Trala morte do seu irmán Guillerme II, impúxose sobre os dereitos do seu irmán maior, o duque Roberto II de Normandie, e accedeu ao trono. Roberto fracasou no seu intento de invadir Inglaterra e Normandie incorporouse á coroa. Promulgou unha carta de privilexios nobiliarios e emprendeu o reforzamento do poder da monarquía e a centralización administrativa. Enfrontouse coa Igrexa pola cuestión das investiduras. Sucedérono a súa filla Matilde e o seu xenro Godofredo Plantagenet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1270-1274) e conde de Champagne, fillo de Teobaldo I. Rexente do seu irmán Teobaldo II, sucedeuno como rei. O seu goberno supuxo un intento de conservar a paz. Negouse a participar na insurreción nobiliaria que dirixiu Filipe, infante de Castela, contra Afonso X o Sabio (1269-1270). Deixou como herdeira a súa filla Xoana I de Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1578-1580), derradeiro da dinastía de Avís, fillo de Manuel I e María de Castela. Tomou os hábitos menores con catorce anos como prior comendatario de Santa Cruz de Coimbra. Foi bispo de Braga con 22 anos, inquisidor xeral do Reino de Portugal e das súas posesións ultramarinas, bispo de Évora (1540) e arcebispo de Lisboa entre 1562 e 1574, data na que regresou á sé de Évora. Administrador vitalicio do mosteiro de Alcobaça (1542), acadou o cardealado en 1545. Fundou a Universidade de Évora (1559). Rexente do seu sobriño Sebastián I (1562-1568), sucedeuno en 1578 trala súa morte. Non deixou resolto o problema sucesorio e á súa morte a coroa recibiuna Filipe II, neto de Manuel I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1369-1379), conde de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI e de Leonor de Guzmán, primeiro monarca da casa de Trastámara. Encabezou unha rebelión nobiliaria contra o seu irmán Pedro I (1352) e, apoiado economicamente por Aragón, Francia e o papa, contratou as Compañías Brancas de Bertrand du Guesclin. Penetrou en Castela e proclamouse rei en Calahorra (1366), pero Pedro I conseguiu a axuda dos ingleses e a loita dinástica converteuse nun episodio da Guerra dos Cen Anos. Derrotou a Pedro I en Montiel (1369), mais a loita contra os seus partidarios prolongouse en Galicia ata 1387, polos apoios locais, entre outros, do arcebispo Xoán García Manrique e de Pedro Fernández de Castro, e os estranxeiros de Fernando I de Portugal e o duque de Lancaster. As recompensas que outorgou aos seus partidarios permitiron o enriquecimiento de, entre outras familias, os Mendoza, Velasco e Manrique, e o ascenso social do grupo dos cabaleiros, representados en Galicia por Fernán Pérez...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre (1284-1324) e derradeiro rei de Xerusalén (1284-1291), fillo do Rei Hugo III. Sucedeu no trono ao seu irmán Xoán I. Trala caída de Trípoli (1289) e Acre (1291), perdeu os territorios de Terra Santa fronte aos mamelucos de Exipto. Marchou a Chipre onde gobernou ata que o seu irmán Amaury o secuestrou e o exiliou en Cilicia. Tralo asasinato do seu irmán polos nobres do reino (1310), restituírono no trono. Casou con Costanza, filla de Federico III de Sicilia (1318).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1547-1559), fillo de Francisco I. Antes do seu ascenso ao trono foi refén de Carlos V entre 1526 e 1530, segundo o cumprimento do Tratado de Madrid. Aliouse co Imperio Turco e cos príncipes protestantes alemáns para romper coa hexemonía dos Habsburgo en Europa. Polo Tratado de Chambord, recuperou para Francia Metz, Toul e Verdun (1552), pero a súa derrota en Renty, fronte aos exércitos imperiais, levouno a asinar a Tregua de Vaucelles (1556). Os seus intereses en Italia levárono a romper esta tregua e recuperar Calais no 1558. Derrotado na Batalla de Saint-Quentin (1557), asinou a Paz de Cateau-Cambrésis en 1559 con Filipe II. Nos editos de Châteaubriant (1551) e Ecouen (1559) favoreceu os católicos e perseguiu os hugonotes. Impulsou en Francia o renacemento artístico e literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1154-1189), duque de Normandie e señor de Maine, Anjou e Turena, fillo do conde Godofredo V Plantagenet e de Matilde, filla de Enrique I de Inglaterra. Casou con Leonor de Aquitania (1152), polo que adquiriu os territorios de Aquitania, Poitou, Perigord e Gascuña. Impúxose como herdeiro do seu tío Estevo I de Inglaterra e engadiu as súas posesións á coroa inglesa. Loitou contra os privilexios da Igrexa e da nobreza para fortalecer a monarquía e polas Constitucións de Clarendon (1164) recuperou o dominio sobre a Igrexa. Tralo asasinato de Thomas Becket, arcebispo de Canterbury (1170), rectificou na cuestión da xurisdición eclesiástica. Someteu Gales, Irlanda (1172) e Escocia (1175) á súa soberanía. Impúxose sobre os nobres, apoiados pola súa muller e polos seus fillos (1174), e desenvolveu a figura do sheriff, que impartía xustiza en nome do rei segundo a common law. Mantivo unha disputa constante co monarca francés Luís VII. Na fin do seu reinado producíronse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra e conde de Foix (1518-1555), de Bigorre e de Armagnac, vizconde de Béarn, fillo de Catarina I de Navarra e de Xoán II de Albret. En 1521 tentou restablecer a unidade do seu reino, que rompera Fernando o Católico en 1512. Ocupou as cidades de Saint Jean-Pied-de-Port, Pamplona e Estella, pero a derrota fronte aos exércitos de Carlos I en Quirós fixérono abandonar as súas conquistas. Acompañou a Francisco I de Francia nas súas expedicións italianas e foi apresado na Batalla de Pavia. Casado con Margarida de Valois, sucedeuno a súa filla Xoana III de Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (1014-1024), rei de Alemaña (1002) e de Italia (1004), e duque de Baviera (995). Por mor das súas deficiencias físicas, recibiu tamén os alcumes de o Coxo ou o Paralítico. Despois da súa coroación como rei de Alemaña, enfrontouse con Arduíno de Ivrea, usurpador do trono de Italia, ao que derrotou (1004). Coroado emperador en Roma, favoreceu as reformas monásticas pero conservou o dominio sobre a Igrexa. Polo Tratado de Bautzen (1018) perdeu, fronte ao duque de Polonia, a rexión da Lusacia, que acadou a independencia. Casado con Cunegunda de Luxemburgo, fundou o bispado de Bamberg e foi canonizado en 1146. É avogoso da asma e a súa festa celébrase o 13 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1390-1406), fillo de Xoán I e Leonor de Aragón. Durante a súa minoría de idade producíronse violentos enfrontamentos polo poder entre a alta nobreza, a familia dos Trastámara, os arcebispos de Toledo e de Santiago e as cidades. Os nobres e cabaleiros de segunda fila proclamaron a súa maioría de idade (1393) e, apoiándose neles e nos corrixidores, recuperou o control fronte aos grandes señores, como os Trastámara e o arcebispo de Santiago, Xoán García Manrique, que fora titor do rei. Mantivo alianzas con Francia e estableceu vínculos con Inglaterra, reforzados pola súa voda con Catarina de Lancaster. Favoreceu a expansión comercial castelá polo Atlántico e o Mediterráneo e adquiriu as Canarias (1402).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1574-1589), derradeiro monarca da dinastía Valois, fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. Elixido rei de Polonia en 1573, regresou a Francia trala morte do seu irmán Carlos IX (1574), a quen sucedeu. No Edito de Beaulieu (1576) concedeulles aos hugonotes a liberdade de culto, mais o nomeamento de Enrique III de Navarra como herdeiro ao trono francés en 1584 significou o retorno ao enfrontamento e o desencadeamento da Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), ao non recoñecer os católicos o herdeiro e buscar Enrique de Guise, o seu dirixente, o apoio de Filipe II. Durante o enfrontamento, mandou asasinar a Enrique de Guise (1588) e aliouse con Enrique III de Navarra para asediar París, defendida polos católicos e españois, pero morreu asasinado. Introduciu unha nova moeda (1577) e unha serie de ordenanzas que regularon a administración (1579).
VER O DETALLE DO TERMO