Enrique I de Portugal o Cardeal

Enrique I de Portugal o Cardeal

Rei de Portugal (1578-1580), derradeiro da dinastía de Avís, fillo de Manuel I e María de Castela. Tomou os hábitos menores con catorce anos como prior comendatario de Santa Cruz de Coimbra. Foi bispo de Braga con 22 anos, inquisidor xeral do Reino de Portugal e das súas posesións ultramarinas, bispo de Évora (1540) e arcebispo de Lisboa entre 1562 e 1574, data na que regresou á sé de Évora. Administrador vitalicio do mosteiro de Alcobaça (1542), acadou o cardealado en 1545. Fundou a Universidade de Évora (1559). Rexente do seu sobriño Sebastián I (1562-1568), sucedeuno en 1578 trala súa morte. Non deixou resolto o problema sucesorio e á súa morte a coroa recibiuna Filipe II, neto de Manuel I.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa

  • Deceso

    Lugar : Almeirim