"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Recipiente que se emprega para facer a manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se maza algo.

    2. Instrumento para mazar o liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mazar ou mazarse.

    2. Contusión ou sinal nun tecido orgánico producidos por un golpe ou por unha presión violenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Armariz (Xunqueira de Ambía) e Cantoña (Baños de Molgas). O seu cumio acada os 683 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia das Chás (Oímbra). O seu cumio acada os 653 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Seara (O Courel). O seu cumio acada os 1.326 m de altitude e forma límite natural entre as provincias de Lugo e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, de pequenas dimensións e cornos de tamaño reducido. Son de distribución americana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (23.833 km2; 2.718.129 h [estim 2001]). A súa capital é Sārī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce que se elabora cunha masa feita con améndoas crúas, peladas e moídas e azucre, que se coce no forno xeralmente en moldes de figuriñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpear repetidamente algo ou alguén.

    2. Bater o liño para tascalo ou espadelalo.

    3. Bater o leite para separarlle a manteiga.

    4. Producir unha ou varias mazaduras en alguén.

    5. Sufrir unha ou máis mazaduras algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Balkh, Afganistán, situada ao N do país (130.600 h [1988]). É unha rexión produtora de algodón, cereais e froita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que serve para mazar o leite e obter manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Aparece nomeada no Codex Calixtinus como Macerellis e era unha das antigas portas de entrada á cidade, a única que se conserva desde 1871. Pertenceu á segunda muralla defensiva de Santiago de Compostela (s XII), que fora reformada tralo ataque de Almanzor á cidade en 997. Realizouse en cantería e está constituída por un arco de medio punto peraltado. Na parte S ten unha edificación acaroada, que conserva as bases do torreón de defensa que flanqueaba a porta. Comunica a Praza de Mazarelos coa rúa Fonte de Santo Antón e o convento das Mercedarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mazaricos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mazaricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome que reciben varias especies do xénero Numenius, Plegadis e Limosa, como L. limosa (mazarico rabinegro) e L. lapponica (mazarico rabipinto), que se poden observar en Galicia nas zonas costeiras invernando ou aniñando localmente. Os mazaricos teñen o peteiro fino, longo e curvado cara a abaixo, e patas longas

      2. mazarico curlí [cast: zarapito real] [Numenius arquata, Fam dos escolopácidos]

        Ave de 53-58 cm, que presenta cor parda pero con listas no peito máis escuras, peteiro máis longo nas femias que nos machos, e patas cincentas. Cría en toda Europa, en España pode atoparse en Asturias, Doñaña e Galicia, e aliméntase de moluscos, crustáceos, e outros invertebrados.

      3. mazarico galego [cast: zarapito trinador] [Numenius phaeopus, Fam dos escolopácidos]

        Ave duns 41 cm, con pencas escuras e pescozo e peito con liñas lonxitudinais. Non presenta dimorfismo sexual, habita en dunas e marismas, e aliméntase de insectos, miñocas e moluscos. En Galicia é un ave invernante e pode atoparse por todas as zonas costeiras.

      4. mazarico mouro [cast: morito] [Plegadis falcinellus, Fam dos tresquiornítidos]

        Ave de patas, peteiro e rabo longo, plumaxe moi escura con reflexos metálicos verdes, que vive en lugares húmidos e non presenta dimorfismo sexual. Cría desde o S da Península Ibérica ata Asia, e en Galicia pode atoparse de forma excepcional.

      5. mazarico pequeno [cast: zarapito fino] [Numenius tenuirostris, Fam dos escolopácidos]

        Ave caradriforme, de 40 cm, que presenta manchas cordiformes no peito e costas, e o ventre blanco e non posúe dimorfismo sexual. Habita en marismas, e areais, aniña en Asia e inverna no N de África, polo que pode ser observada cando migra a algúns países europeos.

    1. Instrumento para mazar o leite e obter así a manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Xallas, que nace na parroquia de Chacín e desemboca na de Corzón (Mazaricos), no límite entre os concellos de Mazaricos e Dumbría.

    VER O DETALLE DO TERMO