Mazarelos, arco de

Mazarelos, arco de

Construción situada en Santiago de Compostela. Aparece nomeada no Codex Calixtinus como Macerellis e era unha das antigas portas de entrada á cidade, a única que se conserva desde 1871. Pertenceu á segunda muralla defensiva de Santiago de Compostela (s XII), que fora reformada tralo ataque de Almanzor á cidade en 997. Realizouse en cantería e está constituída por un arco de medio punto peraltado. Na parte S ten unha edificación acaroada, que conserva as bases do torreón de defensa que flanqueaba a porta. Comunica a Praza de Mazarelos coa rúa Fonte de Santo Antón e o convento das Mercedarias.

Palabras veciñas

mazar | Mazār-e-Sharīf | mazarelo | Mazarelos, arco de | mazaricán -cá | mazarico | Mazaricos