"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Templo expiatorio situado en Barcelona. Iniciado pola Associació Josefina, o proxecto oficial fíxoo Francesc de P. Del Villar pero en 1883 fíxose cargo da obra Antoni Gaudí, que optou por modificar o proxecto primario sen facer un de novo. Proxectou un templo de planta basilical con 5 naves e un cruceiro de 3 naves cun ciborio de 170 m de altura, e tres fachadas: a do Nacemento (declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2005), a da Gloria, a principal, e a da Paixón, cada unha con 4 campanarios. Antes da morte de Gaudí construíronse a ábsida e a fachada do Nacemento. Durante a Guerra Civil Española queimáronse a cripta, o taller de Gaudí e as maquetas que este realizara de todo o conxunto. En 1940 comezou a restauración da cripta e a reconstrución das maquetas e a obra reiniciouse en 1954 coa fachada da Paixón. Desde entón continuouse coa construción das naves e do cruceiro. A obra de Gaudí varía dunha libre e imaxinativa interpretación do neogótico, ao modernismo da fachada do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. En 1776 ingresou no rexemento de gardas valóns de Carlos III. Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), dirixiu a expedición que liberou Zaragoza (1808). Volveu á Península Ibérica en 1814 e foi capitán xeneral de Galicia, València e Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista italiano. Despois de exercer o xornalismo, adquiriu coñecementos de náutica e embarcou nun navío durante uns anos. Especializado en libros de aventuras, das súas novelas destacan La Tigre della Malesia (1884), Il corsaro nero (1899) e Sandokan alla riscossa (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emilia Vázquez Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino inodoro e incoloro, estable no aire pero sensible á luz, soluble en alcohol e benceno e pouco soluble na auga, que se funde a 137°C. Emprégase como funxicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido salicílico, aos seus derivados ou aos da salicina.

    2. Hidroxiácido carboxílico aromático que se presenta en forma de agullas incoloras de gusto doce que se volve amargo, solubles nos solventes orgánicos e pouco solubles na auga, que se funden a 159°C. Emprégase fundamentalmente na fabricación da aspirina e de diversos ésteres, e doutros derivados que tamén presentan actividade farmacolóxica.

    3. Composto fenólico que se presenta na natureza en forma de glicósido en varias especies dos xéneros Salix e Populus. Emprégase en medicina para o tratamento tópico do reumatismo.

    4. Líquido oleoso, incoloro, con olor de améndoas amargas, soluble en alcohol, éter e benceno, que ferve a 197°C. Emprégase como axente quelante na análise química, en perfumaría e na síntese da cumarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ferrol, na bocana da ría. Edificado por orde de Filipe II, reformouse entre 1731 e 1775. Xunto cos castelos de San Martiño e A Palma formou o conxunto defensivo da ría. Tiña un sistema de muros saíntes que cubrían os flancos laterais. Francisco Montaigú, Juan de la Ferriére e Juan Vergel seguiron os modelos da Ilustración e realizaron un trazado xeométrico aplicando as matemáticas á arte da guerra. Está construído en cantaría e as construcións interiores da muralla son barrocas. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi o primeiro español clasificado entre os dez primeiros da ATP (7º en 1990) e acadou o número 1 en dobres en 1989. Gañou 15 títulos individuais e, formando parella con Sergio Casal, 44 títulos de dobres. Foi campión de Roland Garros en dobres (1988 e 1990) e dobres mixtos (1987), e do US Open en dobres (1988) e dobres mixtos (1987). Retirouse en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de santa Cecilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de saturable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Foi deputado polo partido socialdemócrata, do que foi vicepresidente (1911). Xefe do goberno (febreiro-xuño de 1919), dimitiu para non aceptar o Tratado de Versailles. Exiliouse por oposición ao nazismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico, irmán de Margarete Schell. Destacou polos seus papeis escuros e intelixentes, como Judgement at Nuremberg (1961, Oscar ao mellor actor), Topkapi (1964), Krakatoa, East of Java (1969), Sarajeviski atentat (1975) e Festival in Cannes (2001). Como guionista e realizador, sobresaen Erste Liebe (Concha de Prata no Festival Internacional de Cine Donostia 1970) e Der Richter und sein Henker (Concha de Prata no Festival Internacional de Cine Donostia 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán, conde de Stauffenberg. Durante a Segunda Guerra Mundial participou nas campañas de Polonia, Francia e Turquía, así como no atentado contra Hitler no cuartel xeral de Rastenburg (1944), polo que foi detido e fusilado sen xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e reformador alemán, sobriño neto de Johannes Reuchlin. Coñecido como Philipp Melanchton, foi profesor de grego na Universidade de Wittenberg, onde reformou os estudos con J. Burckhardt, dándolles un aspecto humanístico, e entrou en contacto con M. Luter. Cos Loci communes rerum theologicarum seu hypotyposes theologicae, contribuíu á dogmática luterana. Redactou a Confesión de Augsburg e máis tarde, fronte á confutatio católica, a Apologia, libro simbólico no luteranismo. Estivo implicado nas controversias dos adiaforistas e nas doutros reformadores. As súas posturas teolóxicas e disciplinarias chegaron a crear o filipismo como corrente propia dentro do luteranismo, no que influíu para mantelo nunha liña humanista. As súas obras completas publicáronse no Corpus Reformatorum (1834-1860 e 1951-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico italiano. Doutorouse en Física (1928) e naturalizouse estadounidense. Realizou investigacións sobre espectroscopía e o efecto Zeeman, e, sobre todo en física nuclear e partículas atómicas, coa colaboración de E. Fermi en Roma e de O. Chamberlain en Berkeley. Descubriu, en colaboración con outros investigadores, novos elementos como o tecnecio, o astato e o plutonio, así como o antiprotón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1959, xunto con O. Chamberlain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e conferenciante. Foi columnista de El Correo Gallego e colaborou en El Progreso e en varias revistas. Publicou Viudas de vivos (1989), Buceando en el pasado (1990), Hijos del poder (1992), Ninguén suspira por ela (2000) e Escoitar o silencio (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas partes en que está dividido un cilindro por un plano que pasa polo seu eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é vello ou senil.

    2. Estado de debilitamento fisiolóxico e mental que excede considerablemente o grao de involución normal propio do envellecemento e que depende de factores patolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ellez ou senilidade prematura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de sensible.

      1. Facultade de sentir ou capacidade de percibir polos sentidos, mediante a sensación.

      2. Ámbito do coñecemento determinado pola actividade sensible ou sensorial.

    2. Capacidade para percibir e expresar determinadas sensacións afectivas e artísticas.

    3. Rapidez coa que se transforma a imaxe latente ou a imaxe visible nunha emulsión fotosensible sometida á acción da luz ou doutras radiacións actínicas.

    4. Relación entre o incremento do sinal analítico mesurado e o incremento de concentración correspondente da substancia determinada.

    5. Calidade dun mecanismo ou dun dispositivo, de ser accionado por unha magnitude máis ou menos grande do axente de accionamento.

      1. Capacidade dun dispositivo para responder a unha excitación que se mide polo cociente entre a magnitude da resposta do instrumento e a magnitude do sinal que hai que medir.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO