"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

    1. Sensación nunha parte, asociada ou secundaria á que se produce noutra parte.

    2. Experiencia sensorial que experimentan certos individuos que consiste na asociación de diversos sentidos mediante a que a percepción nun sector sensorial acompáñase, por correspondencia ou resonancia, de percepcións noutro ou noutros sectores sensoriais. Un exemplo típico é a audición coloreada ou sinopsia, na que existe unha asociación entre unha cor e un son.

    3. Figura retórica que consiste en asociar dúas palabras que pertencen a percepcións sensoriais diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de Mallorca, Illes Balears (2.736 h [2001]). É o mercado máis importante da zona rural da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Naturalizado estadounidense, foi alumno de Olga Preobraženskaja e S. Lifar. Debutou en 1938 cos ballets rusos de Montecarlo e actuou como coreógrafo. Actuou na Opéra de París (1958-1962) e na Ópera de Liexa, e dirixiu o Harkness Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada en 1905 no seo da Federación Local Obrera da Coruña, coa finalidade de organizar ao personal sanitario e de servizo embarcado nos transatlánticos estranxeiros que ían a América. Integrado na CNT desde 1911, funcionou ata a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación mariñeira que substituíu a comezos de 1930 á sociedade Alianza Marinera, disolta pola Ditadura de Primo de Rivera. En 1931 integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera. Promoveu durante trece meses o amarre da frota sardiñeira con base en Moaña. Desapareceu coa Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia que se produce en certos líquidos que conteñen gases disoltos ao sometelos á acción de ultrasóns de suficiente intensidade. Ten lugar debido ás reaccións químicas dos vapores presentes nas minúsculas cavidades que se producen polas vibracións ultrasonoras incidentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Desde 1960 traballou como funcionario de Correos. Aínda que partiu dun expresionismo organicista, ao rematar a carreira viaxou a Italia, onde o influíu o racionalismo das obras de Terragni. Ao coñecer as obras de Gropius, Breuer e Le Corbusier identificouse coa vangarda e coa corrente modernista, de xeito que a súa arquitectura se volveu cada vez máis conceptual. Empregou principalmente o aceiro e o vidro nas súas obras, das que destacan, a nave de CLESA (1961) e o Goberno Civil (1959), en Tarragona; a nave para os talleres aeronáuticos TABSA (1957), o ximnasio do Colegio Maravillas (1961), o Colegio Mayor César Carlos (1967) e o edificio para a empresa BANKUNION (1970) en Madrid; a Casa Domínguez, en Pontevedra (1976) ou o edificio de Correos e Comunicaciones (1981), en León. Tamén se dedicou á prefabricación, especialmente desde a década de 1960 (casa Varela de Vilalba). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura (1974),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora francesa. Coñecida como marquesa de Sable, abriu un salón frecuentado por personalidades como Madame de Sévigné, Madame de La Fayette, La Rochefoucauld e outras. Foi autora dunhas Máximes (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e escritor. Estudou as relacións entre literatura e sociedade. Das súas obras destacan a narración Anno Domini (1964) e os ensaios Tolstoy or Dostoevsky (1958), The Death of Tragedy (1960), After Babel (1975), Antigones (1984), Passion Spent: Essays 1978-96 (1996), Errata: an Examined Life (1997) e Grammars of Creation (2001). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático suízo. Analfabeto ata os 14 anos, fixo investigacións importantes en xeometría, como as superficies cúbicas e de cuarta orde, e propuxo os seus métodos sintéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema segundo o que o momento de inercia dun corpo de masa m respecto a un eixe que está a unha distancia d do centro de gravidade do corpo é igual ao momento de inercia respecto a un eixe paralelo ao anterior e que pasa polo centro de gravidade (I0), aumentado do momento de inercia que tería se toda a masa quedase concentrada no centro de gravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Doutor en Medicina e oficial de sanidade ata a Segunda Guerra Mundial, estableceuse como retratista en 1947. Foi profesor de fotografía en Sarrebuck (1948) e Essen (1959), e fundou o grupo Fotoform (1949), co que fomentou a “fotografía subxectiva”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Virginia Woolf, foi crítica literaria de The Times Literary Supplement, onde publicou a maior parte dos seus ensaios, reunidos nos dous volumes de The Common Reader (1925 e 1932). En 1915 publicou a súa primeira novela, The Voyage Out, á que seguiron Night and Day (1919) e A Jacob’s Room (1922), na que rompeu definitivamente coa novela tradicional decimonónica. En Mrs Dalloway (1925) acusou unha absoluta madurez, confirmada por To the Lighthouse (1927) e The Waves (1931). Destacan tamén Orlando, a Biography (1928), A Room of One’s Own (1929), Flusch (1933), The Years (1937) e Between the Acts (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Contraalmirante da Armada. Foi comandante da Mariña na Coruña, onde fundou e dirixiu a Escuela Náutica. Colaborou en Revista General de Marina, Cuadernos de Tiro Naval e El Correo Gallego. Apoiou a tese de que C. Colón era pontevedrés. Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Revelouse como actriz dramática e converteuse nun mito do cine na década de 1920. Dos seus filmes destacan The Humming Bird (1924), Queen Kelly (1928), Sadie Thompson (1928), Sunset Boulevard (1950) e Airport 1975 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e escritor francés. A súa posición filosófica comportou unha explicación da historia a partir de leis equivalentes ás das ciencias da natureza. As súas investigacións centráronse no ámbito cultural e na súa morfoloxía. Destacan Le positivisme anglais (1864), Philosophie de l’art (1865-1869) e Les origines de la France contemporaine (1876-1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico e farmacólogo xaponés. Desenvolveu métodos de separación e de obtención de enzimas e foi o primeiro en illar en estado puro a adrenalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (38.889 km2; 143.800 h [estim 2004]). A súa capital é Tataouine (30.371 h [1984]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e historiador. Deseñou as cartas hidrográficas das rías de Ortigueira e Ladrido. En 1870 emigrou a Cuba e incorporouse ao Arsenal de Mariña de La Habana. Regresou a Galicia e, por motivos políticos, emigrou de novo a Uruguay e Arxentina, onde exerceu como xornalista, mestre e arquiveiro. Foi cónsul de Paraguay en Arxentina e colaborador de publicacións periódicas como El Eco Ortegano. Foi membro da Societé Académique d’Histoire Internationale de París, da Academia Americana de la Historia en Bos Aires, e correspondente da Real Academia Galega. Escribiu traballos bibliográficos e de investigación, dos que destacan Gallegos ilustres en América durante el descubrimiento y conquista (1901) e P. M. Fray Felipe de la Gándara: ensayo crítico-histórico y bibliográfico acerca de su tiempo y de sus obras (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politicólogo e sociólogo. Foi xefe do Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia, do Gabinete Técnico da presidencia da Xunta Preautonómica, do Gabinete da Presidencia do Parlamento, e dos Servizos Técnicos do Parlamento de Galicia, e deputado autonómico (1981-1985). Publicou Autonomías e Constitución: notas para un debate estatutario galego (1978) e O Parlamento de Galicia (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO