"RL" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Rei de España (1975), fillo de Xoán de Borbón e Battenberg e María de las Mercedes de Borbón e Orléans. Cando o seu pai se converteu en xefe da casa real española (1940), foi príncipe de Asturias e asumiu todos os demais títulos do herdeiro da coroa. En 1948 chegou a España, onde fixo estudos humanísticos e militares. En 1962 casou coa princesa Sofía de Grecia e en 1969 o xeneral Franco deulle o título de príncipe de España e designouno sucesor seu en calidade de rei. Á morte de Franco, foi proclamado rei o 22 de novembro de 1975. Na súa primeira mensaxe expresou as ideas básicas do seu reinado: restablecer a democracia e ser o rei de todos os españois. En 1977 recibiu do seu pai os dereitos dinásticos e a xefatura da Casa Real Española. Desde 1976 favoreceu a democratización do España e mellorou a imaxe exterior do estado, en especial a súa integración nas comunidades europeas e nas relacións con Latinoamérica. O 27 de decembro de 1978 sancionou a Constitución. A súa firmeza na defensa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e crítico de arte. Ilustrou Diario de un testigo de la Guerra de África, de P. Antonio de Alarcón, e escribiu a biografía For­tuny (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico italiano. Discípulo de Willaert, foi organista e mestre de capela de San Marco de Vene­cia (1565-1590). Compuxo motetes e madrigais, e contribuíu a substituír o sistema modal medieval polo sistema tonal. Destaca o seu tratado Institutioni harmoniche (1558).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor peruano. Considerado un dos narradores máis destacados da liña indixenista, publicou La batalla (1954), Los Ingar (1955), Vestido de luto (1961), Muchas caras del amor (1966) e Niebla cerrada (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mecánico e óptico alemán. Especializado na construción de instrumentos ópticos e fotográficos, en 1846 fundou, en Jena, a empresa que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade hitita, situada 15 km ao N de Antioquía. Fundada seguramente no s XIV a C, foi capital do reino neohitita de Ya’diya, chamado despois Sam’al, desde o comezo do s VIII a C, que foi anexionada ao Imperio Asirio por Sargón II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudou as macromoléculas, os radicais libres, os sistemas con aneis e os conxuntos organometálicos e deu a coñecer un procedemento para a fabricación de polietilenos de estrutura rectilínea. En 1963 recibiu, xunto con G. Natta, o Premio Nobel de Química polos seus descubrimentos no campo dos polímeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. Traballou en Berlín con B. Brecht no Max Reinhardt Theater (1924). As súas obras caracterizáronse pola mestura de soños líricos, sátira e situacións cómicas, aínda que as últimas obras xiraron ao redor da liberdade e os problemas da vida moderna. Publicou Der fröhliche Weinberg (A vida alegre, 1926), Des Teufels General (O xeneral do diaño, 1946) e Der Rattenfänger (O cazador de ratas, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO