"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Que existe ou está situado entre os ósos maxilares. OBS: A grafía <x> representa o [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de intermediar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actuar de intermediario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen actúa entre dúas cousas ou persoas para que cheguen a un acordo.

      2. Persoa física ou xurídica que actúa como enlace entre dúas ou máis partes que desexan realizar unha compravenda ou outro tipo de operación.

    1. Produto que se obtén a partir de primeiras materias e do que se obteñen os produtos definitivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado entre dous termos ou extremos.

    2. Aplícase, segundo a terminoloxía anglosaxona, ao son vocálico que se sitúa entre as palatais e as velares. Por exemplo, a vocal neutra catalana.

    3. Espacio de tempo, entre dúas partes dunha actividade, destinado a realizar unha pausa ou descanso.

    4. Composto formado polos reactivos durante un proceso químico, como paso necesario para obter os produtos finais da reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto constituído por dous ou máis elementos metálicos, que poden variar a súa proporción entre dúas composicións límites, e que se comporta, nalgunhas aliaxes, como un metal puro. Os elementos dos grupos 4B, 5B e 6B da táboa periódica tenden a combinarse segundo as leis da valencia (compostos intermetálicos de valencia) e forman estruturas cristalinas semellantes ás dos compostos iónicos. Os outros metais tenden a formar compostos intermetálicos electrónicos, nos que a estrutura e a composición son determinadas pola relación entre o número de electróns de valencia e o número de átomos, ou compostos binarios de Laves, coa relación 1/2 entre os metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ópera cómica breve, sobre un argumento realista e un ambiente popular, que se representaba entre os actos dunha ópera.

    2. Interludio orquestral entre acto e acto na ópera verista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten fin.

    2. Aplícase hiperbolicamente a aquelas cousas que duran moito e son difíciles de aguantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que afecta ou fai referencia a dous ou máis ministerios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interrupción dalgunha cousa durante un tempo.

      1. Cesamento temporal dunha febre ou doutros síntomas.

      2. Intervalo entre dous accesos dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intermitente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se produce ou actúa a intervalos.

    2. Luz de certos vehículos que serve para indicar as manobras laterais.

    3. Mecanismo co que se acende e apaga unha luz intermitente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modulación producida entre dúas ondas complexas por efecto dun transdutor non lineal no que se producen outras ondas de frecuencia igual á suma e ás diferencias das frecuencias iniciais, correspondentes aos fundamentais e aos harmónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a todo proceso ou fenómeno que ten lugar entre diversas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao que esta situado ou actúa entre os músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está dentro da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción inflamatoria local que aparece no punto da pel onde se aplicou unha inxección intradérmica cunha cantidade mínima de toxina, antíxeno, medicamento ou calquera outra substancia. Permite estudar o grao de receptividade ou de inmunidade dun suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se produce logo de que se deposite unha capa e, antes de que sedimente, a seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto trihaloxenado que se presenta en forma de pos amarelos, untuosos ao tacto e de olor característico, que funde a 120 °C. Soluble nos solventes orgánicos, é empregado como antiséptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido polo pseudónimo de Bernardo Atxaga, a súa primeira obra, Ziutateaz (1976), é unha escolma de contos, poemas e teatro unidos por unha trama argumental común. Despois dunha intensa actividade literaria, a súa traxectoria culminou cos relatos de Obabakoak (Premio Nacional de Literatura, Premio de la Crítica e Premio Euskadi de Literatura, 1988). Dedicouse tamén á realización de radionovelas e literatura xuvenil. En poesía, publicou en 1990 Poemas híbridos (1994), que reúne composicións entre 1974 e 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO