Irazu Garmendia, Joseba
Irazu Garmendia, Joseba
Escritor. Coñecido polo pseudónimo de Bernardo Atxaga, a súa primeira obra, Ziutateaz (1976), é unha escolma de contos, poemas e teatro unidos por unha trama argumental común. Despois dunha intensa actividade literaria, a súa traxectoria culminou cos relatos de Obabakoak (Premio Nacional de Literatura, Premio de la Crítica e Premio Euskadi de Literatura, 1988). Dedicouse tamén á realización de radionovelas e literatura xuvenil. En poesía, publicou en 1990 Poemas híbridos (1994), que reúne composicións entre 1974 e 1989.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Asteasu, Gipuzkoa