"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Relativo ou pertencente ao uranio.

    2. uranífero.

    3. Aplícase aos compostos de uranio nos que este elemento actúa con valencia 6.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos uránidos.

    2. Insecto da familia dos uránidos.

    3. Familia de insectos lepidópteros, do grupo dos heteróceros, de corpo pequeno ou mediano, a miúdo de coloracións metálicas e brillantes, coas ás moi desenvolvidas respecto do corpo. Pertencen a esta familia bolboretas moi vistosas de distribución preferentemente tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén uranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxocatión derivado do uranio. Coñécense dous: o uranilo (VI) UO2+2, estable, e que existe en numerosos sales, e o uranilo (V) UO+2, pouco estable. En solución acuosa, o uranilo (VI) atópase fundamentalmente hidrolizado, e orixina reacción ácida, mentres que o uranilo (V) se desproporciona con facilidade en U4+ e UO2+2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sál sódico da fluoresceína, que se emprega para tinguir de amarelo a la e a seda, aínda que as cores que del se obteñen son fugaces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de uranio, de fórmula UO2. É un mineral que cristaliza no sistema cúbico, en forma de cristais cúbicos e octaédricos, e tamén en masas. A súa dureza é de 5 a 6, e a densidade de 10,6. É de cor escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico de número atómico 92 e peso atómico 238,07, do grupo IIIB da táboa periódica. É un dos metais da familia dos actínidos e é o elemento natural máis pesado. A pesar de ser empregado na antigüidade para a preparación de vidro amarelo, o seu descubrimento como elemento foi feito por N. H. Klaproth que o identificou como compoñente da pechblenda en 1789. A súa preparación en forma pura foi feita por Peligot que o obtivo por redución do cloruro (UCl 3 ) con potasio en 1841, e foi o elemento a partir do que Becquerel descubriu a radioactividade natural en 1896. Está amplamente difundido na natureza, e constitúe un 5×10 -3 % do peso da codia terrestre. Ao mesmo tempo son escasos os depósitos en que se atopa concentrado. O seu mineral máis importante é a uraninita. O uranio natural está constituído por unha mestura de tres isótopos con masas 238 (99,2830%), 235 (0,7110%) e 234 (0,0054%), todos radioactivos. Ademais son coñecidos once radioisótopos artificiais....

    2. Sólido en forma de cristais negros, insolubles en auga e solubles nos ácidos oxidantes, dunha gran densidade (10,96 g/cm 3 ), que funden a 2.500°C. Emprégase como intermedio na obtención do metal, como recubrimento das barras de combustible nuclear, en cerámica e na preparación de pigmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Homosexualidade, especialmente a masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sétimo planeta do sistema solar atendendo á súa proximidade ao Sol. É un planeta superior. A causa do seu escaso brillo, non foi descuberto ata que en marzo de 1781 William Herschel o observou cun telescopio de 16 cm de diámetro. Cando está en oposición ten un diámetro angular aparente duns 4’’ e unha magnitude aparente de 6. No telescopio aparece cun pequeno disco verdoso. O seu período sideral é de 84 anos. O período de rotación é de 15,5 h, e esta rotación é retrógrada. A grande inclinación do ecuador de Urano fai que cada 42 anos o eixe de rotación sexa dirixido aproximadamente na dirección da órbita. Ten un diámetro duns 52.300 km, unha masa dunhas 14,5 veces a masa terrestre e unha densidade media de d,1,19. Ten unha estrutura cun núcleo a alta temperatura (,7000°C) e presión (20×106 atm), envolto por un núcleo rochoso, composto de silicatos e ferro, que ten 16.000 km de diámetro. Este núcleo é o responsable do campo magnético de Urano, relativamente intenso. Despois deste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega, personificación do ceo e fecundador da Terra por medio da chuvia. Uniuse a Xea e creou os ciclopes, os xigantes e os titáns. Temendo que lle arrebatansen o trono, non lles permitiu nacer e mantívoos ocultos nas profundidades de Xea ata que Cronos, o máis novo dos titáns, lle cortou os xenitais e o substituíu no trono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ceo’, ‘bóveda celeste’.

    2. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘padal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cosmografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado que describe o universo ou o ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da astronomía que mide as distancias celestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atlas celeste publicado en 1603 por Johann Bayer, constituído por 51 mapas detallados de determinadas rexións do firmamento, no que cada constelación aparecía superposta á figura correspondente ao seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catálogo de estrelas elaborado por F. W. Herschel e revisado e completado despois polo seu fillo J. F. W.Herschel, en 1843. Contén a posición e a magnitude de 3.256 estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica que se practica no padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise do veo do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO