"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado a partir do 4 de marzo de 1916 en Vilalba. Cesou a súa edición o 12 de abril de 1931 (nº286). Fundado e dirixido por Antonio García Hermida, levaba o subtítulo de “Periódico defensor de los intereses de la comarca villalbesa”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, tres panelas de ouro, postas dúas e unha.
-
GALICIA
Xurista ilustrado. Licenciado en Dereito foi desde 1755 fiscal da Real Facenda, fiscal da Intendencia Xeral de Galicia, subdelegado de penas da cámara da súa maxestade, auditor de guerra do Exército de Galicia e, desde 1767, presidente da xunta de temporalidades encargada de administrar os bens da expulsada Compañía de Xesús. Foi, ademais, fundador do Real Colexio de Avogados da Coruña, conselleiro do Real Consello de Comercio de Galicia, encargado polo rei de recrutar familias para repoboar a costa dos Mosquitos e Patagonia e desde 1791 Alcalde do Crime da Real Audiencia do Reino de Galicia. Foi autor de obras de índole xurídica, como Memorial ajustado de la causa pendiente en la Sala del Crimen de la Real Audiencia del Reino de Galicia, sobre la muerte de D. Benito Alonso Enríquez, padre del Marqués de Valladares, en la noche del 18 al 19 de junio de 1757 (1764), Derecho práctico y estilos de la Real Audiencia de Galicia, ilustrado con las citas de los autores más clásicos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei visigodo (583? - 584), fillo do Leovixildo. Casou con Ingunda, princesa católica irmá de Khildeberto de Austrasia, e abxurou do arianismo para converterse ao catolicismo co nome de Xoán (579). Enviado como gobernador á Bética, sublevouse contra o seu pai, proclamouse rei e, aliándose cos bizantinos e cos suevos, liderou a facción católica contraria a Leovixildo. Capturado preto de Córdoba, foi desterrado a València e encarcerado en Tarragona, onde morreu decapitado ao negarse a abxurar da nova relixión. O Papa Gregorio o Grande considerouno mártir do catolicismo. Canonizado en 1585, pasou a ser copatrón de Sevilla. A Real Orde de Santo Hermenxildo, instituída por Fernando VII (1804), é unha orde militar que recompensa a permanencia e constancia no servizo das armas a oficiais, xefes e xenerais. Na iconografía represéntase como un mozo imberbe de longa cabeleira, que viste túnica curta e clámide ou manto real, e coroa real sobre a cabeza. Leva como atributos unha esfera e un...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse no taller de ourivería e esmaltes da súa familia e licenciouse en Belas Artes. A súa obra, entre outras paisaxes e mariñas onde ao fondo se albiscan arquitecturas, é de carácter realista. Gusta das luces crepusculares e dos tons dourados e grises. Realizou a súa primeira mostra en 1990 e desde entón expuxo a súa obra en diversas cidades e participou en mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid en 1961 e empresario da construción na súa comarca de orixe, foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras en 1983-1987 por Coalición Popular. Foi senador electo por Ourense na V lexislatura (1993-1996), polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario mexicano. Sacerdote desde 1778, fíxose cargo da parroquia de Dolores de Guanajuato, onde iniciou unha tarefa de educación popular e onde foron madurando as súas ideas independentistas. O 16 de setembro de 1810 lanzou o grito de Dolores, que significou o inicio da loita pola independencia. Derrotado polo exército realista, foi capturado e fusilado cando fuxía cara a Texas. Tralo establecemento da República mexicana en 1824 foi recoñecido como pai da patria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capital do muāfaẓa de Babilonia, Iraq, á beira do río Šatt al-Ḥillah, afluente do Éufrates (268.834 h [1987]).
-
PERSOEIRO
Alpinista e explorador neocelandés. Participou en diversas expedicións británicas ao Himalaia. O 29 de maio de 1953 el e máis o sherpa Tenzing Norgay convertéronse nos primeiros homes que alcanzaron o cumio do Everest. Posteriormente, o 4 de xaneiro de 1958, Hillary concluíu con éxito unha expedición ao Polo Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais, da familia das asteráceas, de follas alternas e oblongas, flores de cor amarela agrupadas en capítulos terminais solitarios e froito en aquenio. Está formado por unha única especie, a H. hispanica, que en Galicia está presente en campos secos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra historiográfica en latín do s XII. Oficialmente foi coñecida como Registrum, nome alusivo á técnica de elaboración, que consistía en combinar a transcrición documental (cartularios e coleccións documentais) con narracións historiográficas que encadrasen os documentos. A súa composición foi proxectada por Diego Xelmírez como manobra de propaganda do seu bispado e da propia sé compostelá, para elevala a arcebispado. Con respecto a outros exemplos da historiografía latina hispana ten a peculiaridade de narrar sucesos contemporáneos e de inserir documentos da época. Os feitos narrados abarcan principalmente desde 1100 a 1139, anos en que Xelmírez foi primero bispo (1100-1120) e arcebispo de Compostela (1120-1140); é o que se coñece historicamente como “época de Xelmírez”, debido á relevancia que xogou o arcebispo na Galicia deses anos. No reinado de Urraca (1109-1126) deuse unha íntima conexión entre a súa conduta pública e o progreso das súas ambicións eclesiásticas; así mesmo,...
-
PERSOEIRO
Gravador. Exiliado en Inglaterra desde 1636, fixo paisaxes que influíron na escola paisaxística inglesa, naturezas mortas, cadros históricos e ilustracións de modas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao NL da capital (1.812 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Carbón mineral, rocha sedimentaria de orixe orgánica que, tendo e conta a clasificación dos carbóns baseada no contido de carbono e de elementos volátiles, sitúase entre os carbóns subbituminosos e a antracita. Contén entre un 74% e un 94% de carbono. A cor é negra e ten o brillo do vidro. Utilízase en procesos metalúrxicos; constitúe un excelente combustible, de gran poder calorífico.
-
Nome que se dá á enerxía obtida a partir dos saltos de auga. As principais áreas de expansión de hulla branca son: América do Norte, cos sistemas de presas dos ríos Colorado e Columbia, as áreas do río San Lourenzo e dos Apalaches, cos saltos do límite do escudo canadense (Niágara) e o complexo do río Tennessee e tributarios. Europa, cos sistemas das terras altas escandinavas e os Alpes, os Pireneos e o Macizo Central francés, Rusia e Ucraína, cos sistemas dos ríos Volga, Don e Dniéper e os de Siberia, e o Extremo Oriente (Xapón). Tamén en Australia (sistemas do río Snowy e doutros), África (presas de Kariba, Volta, ‘Aswān) e América do Sur, particularmente en Brasil.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Da súa numerosa obra só se conserva un dicionario biográfico de sabios andalusís precedido dunha introdución histórica que chegou a 1058, G ǎ ḏ wat al-muqtabis fī dikrwūlat al-Andalus.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de humillar ou humillarse.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na serra homónima, ao N da chaira de Antequera (2.691 h [2001]). Destaca a agricultura, con cultivos de cereais, legumes e oliveiras, e a gandería lanar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cruceiro situado nunha encrucillada.
-
milladoiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa humillación.
-
-
Abaixar unha parte do corpo, en especial a cabeza, en sinal de submisión.
-
Facer que alguén perda ou dobregue o seu orgullo e dignidade.
-
Pasar alguén por unha situación en que sente rebaixada a súa dignidade.
-
Dobregar alguén o seu orgullo e dignidade ou adoptar unha posición de humildade fronte a outro.
-