"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • PERSOEIRO

    Humanista esloveno. Foi autor da comedia Paulus, de sete Orationes pro sancto Hieronymo e do tratado De arte metrica, en colaboración con Il Zabarella. Destacou polo seu tratado pedagóxico De igenuis moribus et liberalibus studiis, sobre o concepto da educación liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é da cor do sangue arterial.

      2. Cor do espectro solar, que se sitúa nun extremo deste, xunto ao laranxa, e cuxas lonxitudes de onda están comprendidas entre 6.220 e 7.000 Å.

    1. Aplícase aos revolucionarios e máis especificamente aos militantes socialistas ou do movemento obreiro. Expresión cuñada no s XIX, foi usada a miúdo como sinónimo de comunista, sobre todo polos sectores conservadores ou reaccionarios. 

    2. Colorante azoico que presenta coloración vermella en medio alcalino. Utilízase para tinguir o algodón, pois foi o primeiro colorante sintético que se empregou para tinguir directamente esta fibra, e en análises químicas serve como indicador ácido-base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo do Océano Índico que se estende desde o estreito de Bāb al-Mandab ata a península do Sinaí, separando Asia de África, cunha profundidade de 2.600 m e unha extensión de 440.000 km2. Ao N, coa península do Sinaí, forma os golfos de ‘Aqaba e de Suez. Estruturalmente forma parte do gran sistema de fosas tectónicas do Rift Valley, que se estende por África Oriental ata o val do Xordán. Débelle o nome ás manchas vermellas que aparecen en certas épocas na superficie. Foi utilizada polos exipcios como camiño cara ás minas do Sinaí, polos romanos a través do Nilo e polas caravanas desde Alexandría cara a Oriente. O acceso quedou vedado aos europeos ata a conquista de Adén (1839) polos británicos e a abertura do canal de Suez (1869). A tradición bíblica situou alí o episodio do paso polo Mar Vermello, que atravesaron a pé e sen se mollar algunhas tribos israelitas guiadas por Moisés, a quen se atribuíu o poder de abrir as súas augas ao saír de Exipto (éxodo) e que se pecharon...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sông Nhi Ha.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é dunha cor vermella moi viva.

      2. Cor vermella moi viva.

    1. Colorante vermello altamente tóxico, composto por pos de cinabrio de cor escarlata, insolubles en auga, e que subliman a 583° C. Emprégase en medicina e como pigmento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 cachazo.

    2. verrún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Hungría, situada ao O de Budapest, onde en 1963 foi descuberto un xacemento arqueolóxico correspondente á glaciación Mindel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Buceira en forma de cesta elaborada con vergas que se lle pon ao gando para que traballe e non se entreteña comendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor cinematográfico, marqués de Castellbell e grande de España. En 1950 marchou a Francia pola súa oposición ao Franquismo, aínda que o defendera na Guerra Civil. Iniciou un ciclo de obras que trataban os problemas da sociedade en España coa novela Les Ramblas finissent à la mer (1953). Continuou coas crónicas que criticaban a alta sociedade e publicou algúns libros de memorias, como La nostalgia es un error (1980) e La imprudente memoria (1985), e a biografía El Rey (1993), baseada nas conversas que mantivo con Xoán Carlos I. No eido cinematográfico colaborou en Les amants (1958), Breakfast at Tiffany’s (1961) e Sangre y arena (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baltar baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dozón baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou na Revolución de 1854 e loitou contra os carlistas. Foi separado do exército polas súas ideas republicanas (1877), posteriormente readmitido, despois pasou á reserva (1883). De acordo con Ruiz Zorrilla, sublevouse en Madrid en favor da república (1886), pero, fracasada a insurrección e abandonado polos seus soldados, foi feito prisioneiro e condenado a morte. Indultado, deportárono a Fernando Poo e despois a Melilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do Guadalquivir (11.021 h [2001]). A súa agricultura baséase nos cereais e nos legumes. O gando é porcino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dunha primeira etapa caracterizada pola súa ruptura cos mallorquinistas, ao comezo da Guerra Civil iniciou unha etapa de reflexión e silencio. Da súa obra destacan Mort de dama (1931),   Fedra (1932), Bearn o La sala de las muñecas (1956), a súa obra máis importante; La novel.la de Palmira (1952), El misantrop (1972) e Un estiu a Mallorca (1975)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada das Achas (A Cañiza). Ten planta rectangular e, formando ángulo, atópase a capela. Conserva escudos coas armas dos Sarmiento e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (7.205 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado na beira esquerda do Guadarrama (6.431 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO