"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Relativo ou pertencente a Haití ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Haití.
-
Arte desenvolvida en Haití. A partir da consolidación da independencia, a principios do s XIX xurdiu unha recoñecida escola pictórica naif, na que destacou Pétion Savaín. O pintor estadounidense Dewitt Peters fundou en Port-au-Prince o Centre d’Art que revelou a Hector Hipollyte ou Wilson Bigaud. Entre os escultores destacou Georges Liautaud. En 1982 a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade o Parque Nacional Histórico de Cidadela, Sans Souci e Ramiers.
-
Arte musical cultivada en Haití. Durante o dominio francés a actividade músical estivo vinculada á ópera francesa. Paralelamente, a poboación negra conservou elementos africanos e empregounos para o rito do culto vodú. Modernamente algunhas composicións conservaron música de influencia occidental, como Ludovic Lamothe (1882) ou Justin Élise (1883-1931).
-
-
PERSOEIRO
Xenetista e bioquímico inglés. Foi profesor de fisioloxía da Royal Institution e de bioquímica e xenética na Universidade de Londres. Traballou na aplicación da análise matemática aos fenómenos xenéticos e así poder determinar as taxas de cambio xenético en poboacións humanas, fixo unha aproximación matemática ao proceso de selección natural e nos métodos de medida da unión dos xenes; tamén traballou sobre a hemofilia e daltonismo para poder determinar a taxa de mutacións no home. Entre as súas obras podemos destacar As causas da evolución (1933), Novos camiños en xenética (1941) e A bioquímica e a xenética (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político árabe de orixe andalusí. Instalado no N de África, ocupou importantes cargos en diferentes cortes norteafricanas e andalusís. Emigrado a Siria, tivo que refuxiarse por motivos políticos no Cairo, onde foi cadi ata a súa morte. Foi moi coñecido en Occidente pola súa Historia Universal, que constitúe a primeira análise científica das estruturas económicas, sociais e políticas que condicionan a historia. Empregou as fontes históricas con obxectividade, enunciou a teoría das xeracións que limitaban a duración dunha dinastía e considerou a relixión como un fenómeno político social.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista estadounidense. Discípulo de L. Bloomfield, dedicouse ao estudo das linguas e da lingüística xeral e á filoloxía románica. Destacan os seus estudios Bibliography of Italian Linguistics (1941), Descriptive Italian Grammar (1948), Short History of Italian Literature (1951), Manuel of Applied Linguistics: Italian (1960), Pidgin and Creole Languages (1965), An Essay on Language (1968) e La struttura dell´italiano (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico musulmán. Predicador, estableceuse en Bagdad, onde tiña un gran número de seguidores. A ortodoxia sunnita acusouno de divulgar os segredos da mística e de prescindir da necesidade de intermediarios entre Deus e o home, polo que foi encarcerado, acusado de xiísmo en 907 e 909 e martirizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (5.454 km2; 275.004 h [estim 2000]). A capital é Halmstad.
-
CIDADES
Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, á beira do río Saale, afluente do Elba (254.360 h [2000]). É un núcleo industrial, que destaca pola minería de lignito e potasa, azucre, maquinaria, industria alimentaria, cemento, produtos químicos e aparellos eléctricos. É sede da Martin Luther Universität Halle-Wittenberg. Pertenceu á Liga Hanseática e do seu patrimonio cultural destacan os edificios de estilo gótico tardío.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto propio das augas mariñas.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Considérase o creador dos doelen, retratos de grupo para os gremios e as asociacións. A súa evolución artística pódese apreciar se se compara Banquete da milicia de San Xurxo (1616), cunha pincelada grosa, unhas cores brillantes e un forte vitalismo expresivo, e Rexentes do hospicio de anciáns (1664?), en que o trazo, máis inseguro, se compensa pola utilización de tons brancos e negros. Tamén destaca Moza Xitana (1628?).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do N de Suecia. É montañosa e está cuberta de bosques. A industria principal é a derivada da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo letón. Abriu o seu estudo en París en 1928. En 1940 marchou aos EE UU e colaborou coas publicacións Life, Time, Look e Paris Match. Realizou retratos de destacados políticos e intelectuais, como J. F. Kennedy ou S. Dalí. Expuxo a súa obra en Toquio (1973) e no Centro Internacional de Fotografía de Nova York (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ostān de Hamadān, Irán (401.281 h [1996]). Situada no centro-oeste do país, é o centro comercial máis importante de Irán (tecidos, peles e produtos agrícolas). Correspóndese coa antiga cidade de Ecbatana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (19.445 km2; 1.710.412 h [2001]). A capital é Hamadān.
-
PERSOEIRO
Escritor árabe de familia persa. Estivo vinculado á corte buwaihida. É autor de diversas epístolas moi detallistas e foi o creador do xénero maqāma.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor alemán. Precusor do romanticismo, destacou pola súa teoría da revolución divina oposta ao coñecemento racional de Deus propugnado polos filósofos do seu tempo. Das súas obras destacan Tagebuch eines Christen (Diario dun cristián, 1758) e a súa obra póstuma contra I. Kant, Metakritik über den Purismus der reinen Vernunft (Metacrítica sobre o purismo da razón pura, 1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (2.609 km2; 525.370h [estim 2001]). A capital é Hambantota (11.200 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos hamdanidas.
-
Membro da dinastía árabe que gobernou entre o 929 e o 1003 a Alta Mesopotamia. Dos seus soberanos destacou Sayf al-Dawla (?-967), quen se enfrontou aos emperadores bizantinos Román II e Nicéforo II Focas.
-
-
PERSOEIRO
Político estadounidense. Secretario de George Washington co que participou na Guerra de Independencia. Colaborou na creación do Federalist Party e foi ministro de Facenda (1790-1795). Escribiu The Federalist (1789) e Report on Manufactures (1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudiou no Trinity College de Dublín e ocupou a cátedra Andrews de astronomía. Foi director do observatorio de Dunsink. Realizou traballos sobre óptica que axudaron a demostrar a natureza ondulatoria da luz; non obstante, a súa obra máis importante foi a dos cuaternios. En 1833, definiu nun artigo que a álxebra dos números complexos era unha álxebra de pares ordenados de números reais. A aplicación física do sistema de números complexos é útil para o estudo dos vectores e das rotacións do plano. Intuíu a posibilidade dun sistema de números análogo para o estudo dos vectores e das rotacións do espazo tridimensional. Nas súas investigacións considerou cuádruplos ordenados (a, b, c, d) de números reais, tendo inmersos neles tanto os números reais como os números complexos; denominounos cuaternios (reais). Definiu a suma e a multiplicación dos cuaternios, e puido verificar as propiedades asociativas e conmutativas da suma e que a multiplicación é asociativa e distributiva en relación...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás teorías de W. R. Hamilton.
-
-
Función que relaciona a función principal de Lagrange (L) cos produtos de cada compoñente do momento lineal (p) pola velocidade (dpi/dt)
FORMULA -
Operador sobre o espazo de Hilbert dun sistema físico descrito pola mecánica cuántica, que representa a enerxía observable. Pódese obter do hamiltoniano do correspondente sistema clásico substituíndo coordenadas e momentos polos correspondentes operadores.
-
-