hamdanida

hamdanida

(< ár ḥamdānī)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hamdanidas.

  2. s [HIST]

    Membro da dinastía árabe que gobernou entre o 929 e o 1003 a Alta Mesopotamia. Dos seus soberanos destacou Sayf al-Dawla (?-967), quen se enfrontou aos emperadores bizantinos Román II e Nicéforo II Focas.