"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Destacou polas súas novelas de estilo realista e polas súas obras teatrais de influencia ibseniana. Da súa produción destaca Almue (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo. Nacionalizado estadounidense en 1937, fundou en Nova York unha escola que leva o seu nome (1955) e unha compañía de ballet (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta letón. É autor de Dievs, tava zeme deg (Deus, a túa terra arde, 1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do PCE, do PSOE e da UCD, foi director xeral de Vivenda da Xunta de Galicia na etapa preautonómica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Eidián (Agolada). A súa planta orixinal tiña forma de L, pero as reformas posteriores convertérona nun T. Ten dúas alturas, e na fachada destacan os brasóns dos López de Basadre e Varela.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. En 1855 graduouse na École Centrale des Arts et Manufactures de París. En 1856 comezou a traballar con Charles Nepveu, director dunha compañía dedicada á fabricación de maquinaria ferroviaria. Dirixiu as obras da ponte metálica sobre o Garonne en Bordeos (1858) e en 1866 fundou a súa propia empresa coa que construíu, entre outras, a ponte Maria Pia sobre o Douro en Porto, inaugurada en 1877. Elaborou, entre outras obras, os viadutos de Tardes, Cuzbac e Garabit, a estación ferroviaria do Staatsbahn (Budapest), os pavillóns das exposicións de 1876 e 1878 de París, a cúpula do observatorio de Nice e a armadura interna da Estatua da Liberdade de Nova York (1881-1882). Con motivo dunha nova exposición universal, erixiu en París a torre que leva o seu nome. Participou nos traballos de construción do canal de Panamá dende 1887 ata a quebra da compañía en 1889. Fundou o laboratorio aerodinámico de Auteil en 1912.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Silva (Pol). Orixinaria do s XVIII, reconstruíuna Eugenio Montenegro en 1816. Ten recinto amurallado e dous brasóns na fachada.
-
PERSOEIRO
Matemático. Investigou a teoría dos números, as funcións elípticas e os determinantes. Descubriu o criterio de irredutibilidade que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Iniciou os seus estudios de belas artes no Finch College e de investigación social no New York School of Social Research, ambos en Nova York. Posteriormente, estudiou fotografía no The International Center of Photography (ICP), tamén en Nova York. Publicou Nostalgia del futuro (1981), El Imperio nos visita nuevamente (1990) e Por los caminos del Chagres: Emberás, los hijos del Río (1998). Expuxo a súa obra no Center for Inter-American Relations de Nova York (1975), no Museo de Bellas Artes de México (1981), na Academie Kunste de Berlín (1982), no Centre Georges Pompidou de París (1982), no Museo Nacional de La Habana (1984), na V Fotobienal celebrada en Vigo (1992), na XXIV Bienal de São Paulo (1998) e na II Bienal Iberoamericana de Lima (1999). Obtivo o premio Crystal Apple no New York Film Festival en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Toledo (754?-800). Educouse na escola monástica e ingresou na vida monacal ao redor do 737. Destacou no estudo da filosofía grecolatina e, como arcebispo de Toledo, defendeu unha tese sobre Cristo vinculada ao adopcionismo, ao tempo que defendeu a Igrexa visigoda das intromisións francas. Contou co apoio de Félix, bispo de Urgell, pero os relixiosos asturianos aproveitaron para abandonar a influencia de Toledo e achegarse aos francos. Sufriu os ataques do Beato de Liébana e as súas ideas foron condenadas como heréticas polo Papa Adrián I nos concilios de Ratisbona (792) e Frankfurt (794).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fonetista e matemático. Educouse en Eton e Cambridge, onde se licenciou en Matemáticas (1837). As súas investigacións centráronse sobre todo na fonética e na acústica. En 1873, con Isaac Pitman, iniciaron as investigacións para establecer en taquigrafía o alfabeto do inglés, e baseándose no alfabeto fonotípico de I. Pitman acadaron ese logro en 1847. Cómpre destacar as súas obras The Alphabet of Nature (1844-1845), The Essentials of Phonetics (1848), On the Sensations of Tone (tradución de Die Lehre von den Tonempfindungen, de H. Helmholtz, 1863), On Early English Pronunciation (5 vol, 1869-1889) e Pronunciation for singers (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciouse en Dereito pola Universidad de Madrid. Foi xefe do gabinete técnico do ministerio de Información e Turismo e, como membro do Partido Popular, foi deputado do Congreso por Castelló de la Plana desde a segunda á quinta lexislatura (1982-1996) e senador electo desde a sexta lexislatura (1996), encargado da presidencia da comisión de Asuntos Exteriores. Membro fundador e director da revista Familia española, escribiu, entre outras obras, Información y política (1964) e La vocación política (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos edificios ou barcos que teñen unha bandeira alzada, e tamén á figura humana ou animal que leva unha bandeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de embandeirar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ornamentar algo con bandeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trío de rock británico formado polo teclista Keith Emerson, o baixista Greg Lake e o batería Carl Palmer. Debutaron en 1970 no festival de Wight. Abandeirados do chamado rock sinfónico, distinguíronse por unha posta en escena espectacular. O grupo autodisolveuse en 1980.
-
REXIÓNS
Rexión pantanosa da Baixa Saxonia, Alemaña, situada entre o curso baixo do río Ems e a fronteira cos Países Baixos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Provocar unha luz, pola súa proximidade ou por ser excesiva, que alguén vexa con dificultade ou mesmo quede sen vista momentaneamente.
-
Causar unha cousa ou persoa grande admiración ou asombro.
-
Botar algunhas árbores as candeas.
-
-
-
Provocar unha luz, pola súa proximidade ou por ser excesiva, que alguén vexa con dificultade ou mesmo quede sen vista momentaneamente.
-
Causar unha cousa ou persoa grande admiración ou asombro.
-
Botar algunhas árbores as candeas.
-