Emerson, Lake and Palmer
Emerson, Lake and Palmer
[MÚS]
Trío de rock británico formado polo teclista Keith Emerson, o baixista Greg Lake e o batería Carl Palmer. Debutaron en 1970 no festival de Wight. Abandeirados do chamado rock sinfónico, distinguíronse por unha posta en escena espectacular. O grupo autodisolveuse en 1980.