Emerson, Lake and Palmer

Emerson, Lake and Palmer
[MÚS]

Trío de rock británico formado polo teclista Keith Emerson, o baixista Greg Lake e o batería Carl Palmer. Debutaron en 1970 no festival de Wight. Abandeirados do chamado rock sinfónico, distinguíronse por unha posta en escena espectacular. O grupo autodisolveuse en 1980.

Palabras veciñas

Emerita Augusta | emérito -ta | emersión | Emerson, Lake and Palmer | Emerson, Peter Henry | Emerson, Ralph Waldo | emerxencia