Emerson, Ralph Waldo

Emerson, Ralph Waldo

Filósofo e poeta estadounidense. Estudiou en Harvard e exerceu a docencia en Boston. Licenciado en Teoloxía, estudiou a Kant e, influído por Thomas Carlyle, William Wordsworth e Samuel Taylor Coleridge, converteuse en abandeirado do idealismo transcendental norteamericano. Expresión deste idealismo é a súa obra Nature (Natureza, 1836), onde proclamou a necesidade de vivir segundo o espírito e en relación mística coa alma do mundo. Entre 1840 e 1844 colaborou no xornal The Dial. Da súa produción destaca Representative Men (Homes representativos, 1850), English Traits (Trazos ingleses, 1856), May-Day and Other Pieces (May-Day e outras pezas, 1867) e The Condut of Life (Conduta de vida, 1875).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Boston

  • Deceso

    Lugar : Concord, Massachussetts