emérito -ta

emérito -ta

(< lat emerĭtu)

  1. adx [HIST]

    Aplícase ao soldado que na antiga Roma gozaba dunha recompensa unha vez retirado.

  2. adx
    1. Aplícase á persoa xubilada que goza de honores ou premios como recoñecemento polos seus bos servicios.

      Ex: Estableceuse o acordo para o recoñecemento do persoal emérito.

    2. Aplícase ao profesor xubilado ao que se lle permite seguir exercendo en atención aos seus méritos.

      Ex: Nomeárono profesor emérito tras vinte e cinco anos de docencia.

  3. adx

    Que ten moitos coñecementos dunha ciencia, arte ou materia.