Emerson, Peter Henry

Emerson, Peter Henry

Fotógrafo, médico e botánico. Despois de viaxar aos EE UU e a Inglaterra, escribiu novelas policiais e empregou a fotografía para as súas investigacións ornitolóxicas. Asociouse á Royal Photographic Society e expuxo parte das súas imaxes en Pall Mall. A partir de 1884 trasladouse á zona pantanosa dos “Broads”, onde fotografou o folclore, os costumes, a flora e a fauna do lugar. Defensor da fotografía realista, á que consideraba unha arte independente, opúxose ás manipulacións manuais dende o British Journal of Photography. Recibiu grandes influencias de Turner, Whistler e dos impresionistas franceses. Despois de estudar os traballos de H. von Helmholtz sobre a visión humana, chegou á conclusión de que o punto de vista e a distancia son os dous vectores que coordinan a perspectiva de composición de toda imaxe fotográfica. Ademais de publicar oito series de fotografías en cartafois, escribiu Life and Lanscape on the Norfolk Broads (1886), en colaboración con Thomas Goodall; Pictures of East Anglian Life (1888), na que denuncia a opresión da burguesía cara aos labregos; e The Death of Naturalistic Photography: A Renunciation (1890). En 1892 cofundou a Linked Ring Brotherhood e, tres anos despois, foi condecorado pola Royal Photographic Society.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cuba

  • Deceso

    Lugar : Falmouth, Cornualla