"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Relativo ou pertencente a Extremadura.

    2. Natural ou habitante de Extremadura.

    3. Variante dialectal do castelán que se fala en Extremadura. A súa situación xeográfica explica algunhas das súas peculariedades lingüísticas: as terras estremeñas foron repoboadas por León na súa parte máis occidental (Cáceres, Mérida, Badajoz), mentres que Castela ocupaba a zona oriental (Béjar, Plasencia, Trujillo); despois, e ata finais do s XVI, Extremadura volveuse cara a Sevilla e Toledo. Polo tanto o estremeño recibiu influencias leonesas, castelás e andaluzas. Ademais a súa situación de contacto co portugués na fronteira e a súa marxinalidade imprimíronlle unha certa tendencia ao conservadorismo. Resulta, polo tanto, ser unha fala de transición entre o leonés, o castelán da meseta e o andaluz. O estremeño, de grande inestabilidade, mantén diferencias moi marcadas entre unhas zonas e outras e entre uns niveis e outros. A pegada leonesa percíbese sobre todo na parte setentrional: inserción do i en sílaba átona (palicia, ‘alpendre’); peche das vocais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zarzuelista e escritor. Residiu en Madrid, onde cursou a carreira de dereito civil e canónico e a de administración. Colaborador asiduo de Madrid Cómico, en 1873 estreou Pruebas de fidelidad e a partir de 1876 empezou a colaborar con Vital Aza (Noticia fresca), Campos Arana (Los trapos de cristianar) e, sobre todo, con R. Chapí (Música clásica, La serenata). Como poeta escribiu o volume Fábulas y cuentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Límite entre dúas propiedades que consiste nun rego, nunha franxa de terra ou nunha liña imaxinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Évora, no Alto Alentejo, na marxe dereita do río Tera (18.073 h [1981]). As canteiras de mármore constitúen a principal base da súa economía. Doada en 1211 á orde de Avis, recibiu o seu foro en 1258 e foi considerada cidade en 1926. Nas súas proximidades desenvolveuse a Batalla de Estremoz. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo, as murallas (ss XIII e XVII), a igrexa de Santa Maria, a igrexa de San Francisco Xavier, monumento nacional, e o palacio real (s XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Batalla do Ameixial Enfrontamento que tivo lugar en 1663 a 5 km da vila de Estremoz, en que os exércitos portugueses venceron os casteláns dirixidos por Xoán Xosé de Austria. Con esta vitoria, Portugal recuperou as prazas de Évora, Valdeflor e Castel-Lundoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é valente e esforzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estremecemento causado pola dor.

    2. escordadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto de ferro de tres pés que terma das potas e tixolas que están ao lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído moi forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa un ruído moi grande.

    2. Que chama a atención por ser moi grande ou espectacular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘torcido, virado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección producida por estreptococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos estreptococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria que ten forma de cocos agrupados en cadeas, coma as dos xéneros Streptococcus, Enterococcus e Leuconostoc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estreptomicetos.

    2. Fungo da orde dos estreptomicetos.

    3. Orde de fungos coloniais de micelio constituído por hifas de ramificación de tipo monopodial, de 1µ de espesor, non segmentadas e ocas. As hifas aéreas teñen a capacidade de orixinar conidios. Os estreptomicetos teñen unha grande importancia ecolóxica nos solos e son os responsables do típico cheiro da terra húmida. Para o home teñen importancia industrial como fonte de metabolitos secundarios, entre os que destacan máis de 500 substancias antibióticas distintas, como a aureomicina, obtida de Streptomyces aureofaciens, activa contra as bacterias da tuberculose, da difteria, e contra neumococos e gonococos, ou a cloromicetina, producida por Streptomyces venezuelae, activa contra algúns virus, rickettsias e bacterias Gram-negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico con poder bactericida que se extrae de bacterias da especie Streptomyces griseus e que foi descuberto en 1944 por Selman Abraham Waksman. A estreptomicina presenta unha acción inhibidora da síntese de proteínas ao unirse á subunidade pequena dos ribosomas bacterianos. Cómpre destacar a súa potente acción tuberculostática, polo que se emprega no tratamento da tuberculose, asociada á isoniazida e ao ácido p-aminosalicílico. Tamén se utiliza no tratamento de endocardites, da peste, da brucelose e doutras enfermidades de orixe bacteriana. A acción colateral máis temida da estreptomicina é a lesión do octavo nervio cranial, que pode producir xordeira. É un antibiótico que provoca con gran facilidade a aparición de cepas resistentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie encadeada de reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas que produce un organismo ou un órgano sometidos a situacións de ameaza ou a estímulos nocivos. Pódese dividir en dúas fases: unha de alarma, na que ten lugar unha reacción neurovexetativa, unha incitación do hipotálamo e da prehipófise, e unha excitación suprarrenal; e outra de resistencia, que se caracteriza por unha activación do catabolismo proteínico e unha adición de auga e sal ás hormonas. Estas dúas son correntemente seguidas por outra fase, chamada de esgotamento, xa que a resistencia á agresión comporta unha diminución de defensas diante doutros axentes patóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca un estado de estrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar unha situación de estrés a alguén.

    2. Sentir estrés por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posto de sementais, especialmente o destinado ao garañón.

    2. Espacio das pallozas destinado ao gando vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO