Estremoz, Batalla de
Estremoz, Batalla de
ou Batalla do Ameixial Enfrontamento que tivo lugar en 1663 a 5 km da vila de Estremoz, en que os exércitos portugueses venceron os casteláns dirixidos por Xoán Xosé de Austria. Con esta vitoria, Portugal recuperou as prazas de Évora, Valdeflor e Castel-Lundoso.