"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Arqueóloga hindú. Naturalizada británica, dirixiu escavacións en Malta e en Menorca e publicou as primeiras memorias sistemáticas de escavacións en poboamentos talaióticos menorquinos coa serie Cambridge Excavations in Minorca: Trepucó (1932-1938) e Sa Torreta (1934). Tamén publicou Ancient Egyptian Legends (1904), The Genesis of Religion (1963) e My First 100 Years (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no palacio episcopal de Astorga, inaugurado en 1963. Acolle unha colección composta por esculturas medievais de madeira policromada, así como unha importante mostra de ourivaría renacentista e barroca. As obras están vinculadas, en maior ou menor medida, coa peregrinación a Santiago de Compostela. Destacan as tallas románicas, as cruces procesionais, os cálices e as custodias. Acolle tamén unha mostra de artistas leoneses contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Sargadelos (Cervo) no lugar onde se mantivo en funcionamento ata 1875 a Real Fábrica de Fundición e Louza. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creado en 1987, conserva os altos fornos, a presa, o pazo, o paseo dos namorados e a casa da administración. Móstranse pezas de cerámica decoradas á man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da antiga fábrica de cerámica. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 1972.
-
PERSOEIRO
Compositor ruso. En 1857 estableceu relación con Balakirev, K’ui e Stassov. Escribiu unha primeira ópera, Salammbô (1863), e despois obras instrumentais e o poema sinfónico Unha noite na montaña pelada (1867), 62 cancións, e as óperas Boris Godunov (1868), Hovaňšcina (1871-1881) e A feira de Soročinsk (1874-1881). O principal elemento destas óperas é o recitativo melódico, dunha gran forza expresiva, que traduce fielmente as inflexións da lingua rusa. En Cadros dunha exposición (1874), serie de miniaturas para piano que Ravel orquestrou en 1922, Musorgskij preséntase como un precursor do impresionismo musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo suízo. Foi un dos primeiros profesionais que utilizou o canto coral como un medio de educación. Fundou unha casa editorial de música e a Liga Suíza para a Cultura Musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sergej Aleksejev.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organismos que se encargaron de resolver o problema dos refuxiados despois da Primeira Guerra Mundial. Colocada, ao principio, baixo a autoridade de Fridtjof Nansen (1921-1924), estivo despois ligada á Oficina Internacional do Traballo (1925-1929). En 1931 a Sociedade de Nacións creou a Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados, que se encargou de proseguir a obra desta organización, ata a súa liquidación en 1938.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pipa oriental para fumar tabaco, formada por un longo tubo flexible, un recipiente onde se queima o tabaco e outro con auga perfumada, a través do que pasa o fume.
-
PERSOEIRO
Cantante e actor cinematográfico mexicano. Coñecido como Jorge Negrete, foi o fundador da Asociación Nacional de Actores. Desde 1941, con Ay, Jalisco, no te rajes!, realizou unha serie de películas musicais que o converteron na máxima figura da música ranchera no cine, das que destacan Así se quiere en Jallisco (1942), Gran Casino (1948), Teatro Apolo (1950) e Dos tipos de cuidado (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jorge Alberto Negrete Moreno.
-
PERSOEIRO
Militar e diplomático. Embaixador en Suecia (1811-1813), conseguiu atraer a Carlos XIV de Suecia (Jean Baptiste Bernadotte) á coalición contra Napoleón. Foi amante de María Luísa de Austria, emperatriz de Francia, con quen casou despois da morte de Napoleón (1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador. Adscrito nun primeiro momento ao movemento internacional, posteriormente incorporou solucións organicistas. Proxectou a casa Fairchild (1943), en Nova York, con William Hamby, articulando todas as dependencias arredor dun patio. Preocupado polos problemas da sociedade industrial, formou parte da mesa redonda que convocou The Museum of Modern Art (MOMA) de Nova York, en febreiro de 1948, e dirixiu a revista ArchFor (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
A pesar de, así e todo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Gravobo, Penza 1894 - Moscova 1964) Economista ruso. Utilizou o método matemático na súa análise económica. É autor de numerosas obras, das que destacan O uso das matemáticas na investigación económica (1959) e O valor e o prezo na economía socialista (1961).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade babilónica de orixe sumeria. Deus dos infernos, da guerra e da caza, o seu culto tivo en ocasións carácter solar.
-
PERSOEIRO
Bioquímico alemán. Descubriu o enzima carboxilase (1911) e investigou sobre os catabolismos, tanto respiratorios coma fermentativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada no land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (89.500 h [1990]). Situada na marxe do lago de Tollense, é un centro industrial. Fundada por Xoán I de Brandenburgo, converteuse nunha fortaleza durante a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648). Conserva as murallas con portas góticas do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aleksandr Sergejevič Skobelev.
-
PERSOEIRO
Historiador e diplomático danés. Naturalizado alemán, en 1806 acadou un cargo na administración prusiana e entre 1816 e 1823 foi embaixador nos Estados Pontificios. Escribiu Römische Geschichte (Historia de Roma), publicada en tres volumes (1811-1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Tratou temas moi diversos aproveitando a súa rica formación humanística e teolóxica. Coñecido pola súa versión castelá da Imitación de Cristo, de Kempis, tamén publicou Obras y días (1628), Oculta filosofía (1634) e Epístolas (1649).
VER O DETALLE DO TERMO