"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • PERSOEIRO

    Poeta. De nome François de Montcorbier, adoptou o apelido do seu protector, grazas ao que se licenciou en Artes (1452). A edición das súas obras foi póstuma (1489): un poema de 320 versos, Le lais, escrito cara a 1456; o Testament (1461-1462), con máis de 2.000 versos, dezaseis composicións diversas e sete baladas en argot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gaston Duchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e xornalista. Foi membro do gabinete de Valentín Paz Andrade en Vigo, e participou na fundación de La Voz de Vigo (1957), emisora que dirixiu entre 1966 e 1971. Director de Radio Oviedo e Cadena REM, foi director de programas de RNE, director de RNE 1 e director xeral da CRTVG ata 1994. Posteriormente, foi director de gabinete da dirección xeral de RTVE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ligadura feita con diversos materias, principalmente de palla, usada para atar feixes ou para amarrar outras cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento de corda composto, da familia dos laúdes, que, afinado unha oitava máis grave ca a viola (do1-sol1-re2-la2), posúe cinco oitavas de extensión. Apareceu en Italia na segunda metade do s XVII e coexistiu co seu rival, a viola de gamba, ata ben avanzado o s XVIII.

    2. violoncellista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1925 trasladouse a París, onde recibiu a influencia de A. Rodin e A. Bourdelle. O seu figurativismo marcado polo barroquismo (Monumento a Martín Fierro, 1940-1945), evolucionou cara á abstracción (Escultura, 1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saltos e voltas que se realizan despois de espallar na malla, como divertimento e proba de forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxoval do neno que vai nacer, xeralmente colocado nunha cesta de vime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e psicólogo. Creou o tipo de laboratorio de psicoloxía social e, preocupado polos problemas pedagóxicos, investigou os aspectos xenéticos da conduta en obras como Les origines de la pensée chez l’enfant (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante inglés. Xefe da expedición organizada por G. Caboto para procurar o paso cara ás Indias polo noroeste, partiu con tres naves desde Ratcliffe (1553) e arribou a un grupo de illas descoñecidas, talvez as Spitzbergen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Nova Gales do Sur, Australia (262.600 h [1996]). Centro mineiro de carbón situado na costa, ao S de Sydney, é un porto exportador deste mineral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou en Chicago (1887-1893), onde foi influído pola ideoloxía de Louis Sullivan. A súa principal característica é a integración da construción no seu medio e a non-ruptura coa natureza. Das súas obras destaca a   a Fallingwater House ou Kaufmann House en Bear Run, Pennsylvania (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Londres 1688 - Roma 1766) Pretendente á coroa británica, fillo de Xaime II de Inglaterra e da súa segunda muller, María de Módena. A Revolución de 1688 obrigou a súa familia a exiliarse. Foi excluí­do do trono británico pola Act of Settlement (1701) e, pese á axuda de Luís XIV de Francia e dos seus partidarios en Escocia, a súa posición política debilitouse rapidamente a causa das súas convicións católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Mallorca (Xaime IV, 1349-1375) e rei consorte de Nápoles, fillo de Xaime III de Mallorca e Constanza de Aragón. En 1338 o seu pai fíxoo xurar como herdeiro e en 1349 acompañouno na invasión para tomar Mallorca. Despois de ser abandonado pola Raíña Xoana I de Nápoles coa que casara, marchou a Inglaterra. Interveu co Príncipe Negro na Batalla de Nájera (1367) a favor de Pedro I de Castela. Caeu prisioneiro de Enrique de Trastámara, que o encarcerou no castelo de Curiel, pero foi liberado por Xoana I de Nápoles. Organizou unha expedición de mercenarios contra Pedro IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca, conde de Rosellón e Cerdaña e señor de Montpellier (1276-1311), fillo de Xaime I de Aragón. Ao morrer seu pai (1276) entrou en posesión da súa herdanza e coroado como rei de Mallorca confirmoulle os privilexios e as franquías a Mallorca en 1276. Foi vasalo do seu irmán Pedro III de Aragón e ante o conflito deste con Filipe III de Francia apoiou os franceses. Ante a derrota gala, foille arrebatado o reino, ata que se lle restituíu polo Tratado de Anagni (1295) coa condición de recoñecer a vasalaxe de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca (1315-1349), fillo do infante Fernando, príncipe titular de Morea, e de Isabel de Sabran. Morta a súa nai, quedou baixo a protección do Rei Sancho I de Mallorca e tras a morte deste (1324), Xaime II de Aragón tratou de impugnar o testamento e apoderarse do Reino de Mallorca. A intervención do Papa Xoán XXII, que propuxo consultas periódicas, evitou a guerra. Pouco despois de herdar a Coroa de Aragón (1339), Pedro IV o Cerimonioso esixiulle vasalaxe. Perdeu a coroa na Batalla de Llucmajor (1349), onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘caldo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión anatómica que está formada pola articulación do fémur e da tibia e a musculatura que a rodea. A articulación do xeonllo mantense no seu lugar debido á cápsula articular e a diversos ligamentos que a reforzan. Ao xeonllo chegan ramas da arteria femoral poplítea e da tibial anterior. Os nervios que a innervan proveñen do ciático poplíteo externo, do ciático poplíteo interno, do obturador e do crural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘carabineiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO