"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao carballo ou á aciñeira cargada de landras ou cando estas son de diferente esmalte ca o resto da árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que engrandece.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de engrandecer ou engrandecerse.
-
-
Facer algo ou a alguén máis grande.
-
Outorgar dignidade ou grandeza de espírito a alguén.
-
Crecer ou aumentar algunha cousa.
-
Aumentar alguén o seu ánimo, disposición, valor ou capacidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Caraño (Pol). Ten planta rectangular e dúas alturas. Construíuse combinando cachotería e cantería. Na fachada principal destaca o balcón con balaústres de ferro fundido, canzorros de madeira e gárgolas nas esquinas e pináculos nos ángulos. Conserva dous escudos, nos extremos da fachada, coas armas dos Lanzós, Luaces, Montenegro e Neyra. Está amurallada por un lado.
-
-
Pór a alguén sandeu.
-
olverse sandeu alguén.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto sueco. Traballou para o elector de Brandenburgo, para Carlos XII de Suecia e para o elector de Saxonia. Realizou o seu labor, entre outros, no palacio de Charlottenburgo e no palacio real de Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Surrey, Inglaterra, Reino Unido, situada ao S da aglomeración de Londres (69.400 h [estim 1982]). É un importante centro turístico e deportivo, onde se celebra anualmente o Derby de cabalos. Fundada en época saxona, pertenceu desde o 933 á abadía de Chertsey. A vila desenvolveuse ao redor da igrexa de San Martiño, e a principios do s XVII converteuse no primeiro centro termal de Inglaterra. A decadencia do turismo termal comezou a partir de 1730 e a cidade transformouse nun lugar de paso para os viaxantes a Brighton. A fundación no ano 1780 do Derby relanzou o turismo. Do seu patrimonio cultural destacan as Ashley House, Waterloo House e Woodcode Green House, de estilo vitoriano, os hospitais de Manor (1899), Horton and St. Ebba’s (1901) e Long Grove (1907), e os xardíns de Nonsuch Park e Horton Country Park.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi (23.613 h [1996]). Pertence á aglomeración de Bilbao e a súa economía baséase principalmente na industria, sobre todo a metalurxia e a química. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótica de Santa María, a torre renacentista dos Martiartu, os casaríos e as casas-torres dos ss XVII e XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político sueco. Membro do partido socialdemócrata desde 1928, foi ministro sen carteira (1944-1945), de Educación (1945-1946) e primeiro ministro (1946-1969). Promoveu o achegamento a Europa, e durante o seu mandato Suecia entrou na Organización Europea para a Cooperación Económica (OECE, 1948) e no Consello de Europa (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán da rexión de Warmir, Polonia.
-
PERSOEIRO
Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Voronež 1855 - Kalinin 1908) Escritor ruso. Na súa obra reflectiu a vida campesiña. Da súa produción destaca Gardeniny, ikh dvorná, priveržency i vragi (1899).
-
-
Rachar violentamente unha peza de roupa ou un anaco de tea.
-
Destrozar unha cousa ata deixala inutilizable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica do submarinismo con escafandro.
-
-
Conxunto de aparellos que permiten que unha persoa poida permanecer somerxida na auga cunha certa autonomía. Cabe distinguir entre o escafandro clásico (que recibe o aire dende a superficie mediante un tubo) e o escafandro autónomo (que leva o subministro de aire incorporado). Nos escafandros autónomos, o aire chega ao submarinista a través de dous tipos de circuítos: o circuíto aberto, que emprega o aire almacenado nunha ou máis bombonas (aire que se reduce á presión apta para a respiración e que se evacúa unha vez expelido polo submarinista) e o circuíto pechado, que consta dun depósito alimentado polo osíxeno das bombonas e provisto dunha pequena cantidade de cal sodada que purifica o aire expirado. As bombonas deste tipo tamén poden almacenar unha mestura de helio, osíxeno e nitróxeno, feito que lle permite ao submarinista mergullarse máis profundamente e durante máis tempo (sempre controlando os períodos de descompresión). O escafandro acoirazado,...
-
Equipo empregado polos astronautas nas súas saídas ao exterior dos vehículos espaciais que os envolve nun medio adecuado para as funcións humanas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trigo rústico de cultivo tradicional, propio de terreos pobres de rexións montañosas, que responde a ecotipos autóctonos das especies Triticum spelta, Triticum diococcum, Triticum turgidum e Triticum vulgare. Os primeiros restos de escanda localizáronse en xacementos de Oriente Próximo, datados no VII milenio a C, e o primeiro cultivo data da Europa neolítica.
-
-
Provocar escándalo.
-
Indignarse ou irritarse por algo.
-
-
-
Medir a profundidade da auga mediante o escandallo ou outro instrumento.
-
Aplicar a un produto o réxime de escandallo.
-