"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moito touciño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morea de terra que deixan as toupas na superficie ao escavar as galerías.
-
PERSOEIRO
Sociólogo francés. Especializado en temas de socioloxía industrial, deu importancia ao proceso de traballo. Escribiu, entre outras obras, Sociologie de l’action (1965), La conscience ouvrière (1965), La société postindustrielle (1969), Prodution de la société (1973), Pour la sociologie (1974), L’après-socialisme (1980), Le Mouvement ouvrier (1894) e Critique de la modernité (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Embarcación de remos que se empregaba para pescar con traíña.
-
Embarcación deportiva de banco fixo, longa e estreita, cunha tripulación de doce remeiros, un proeiro e o patrón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación deportiva de banco fixo, de dimensións medias, cunha tripulación de seis remeiros e o patrón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estadounidense de transporte aéreo. Foi fundada en 1930 mediante a fusión da Western Air Express e a Trans Continental Air Transport. Participou directamente na construción do Douglas DC3 e do Constellation, primeiro avión de transporte intercontinental. A súa rede internacional cobre os cinco continentes. A partir de 1967 diversificou as súas actividades (absorción da cadea de hoteis Hilton e da de restaurantes Canteen Corp) e, despois dunha importante crise financeira, foi adquirida por American Airlines en 2001.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que atravesa un continente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de luz que ten lugar nalgunhas substancias sometidas a accións mecánicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de nematodos, da orde dos triquiuroideos, ao que pertence a triquina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea de partidos e forzas de liberación de África, Asia e América Latina que se reuniron en La Habana entre o 3 e o 15 de xaneiro de 1966. Nela aprobáronse unha serie de resolucións que condenaban e combatían o colonialismo, o neocolonialismo e o imperialismo. Finalmente foi creado un organismo permanente de solidariedade tricontinental.
-
PERSOEIRO
Político. Doutor en Dereito, foi membro do corpo xurídico da Armada (1974-1983) e letrado do Consello de Estado desde 1979. Coordinador xeral da refundación do PP (1989-1990) e deputado desde 1989, foi vicepresidente (1989-1996) e presidente (1996-2000) do Congreso de los Diputados e ministro de Defensa (2000-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Plataforma provista ou non de rodas que se usa para arrastrar pesos.
-
Especie de caixón que escorrega para transportar cousas ou persoas.
-
ehículo provisto de patíns ou de esquís en lugar de rodas que se despraza esvarándose sobre a neve ou o xeo, tirado por cabalos, renos ou cans. Usado normalmente como medio de transporte e de locomoción nos países nórdicos, distínguense dous tipos: a zorra lapona dun só patín, e a zorra de dous patíns, difundido por outras zonas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten tres nervios claros.
-
PERSOEIRO
Feminista e socialista utópica, avoa de Paul Gauguin. Coñecida como Flora Tristan, estivo influída polas doutrinas de Fourier e Saint-Simon e dedicouse a difundir o seu ideal de rexeneración social. Defendeu a liberación da muller, que consideraba intimamente relacionada coa liberación do proletariado. Publicou Pérégrination d’une paria (1838), Promenades dans Londres (1840) e Union des ouvriers (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no centro da illa de Fuerteventura (9.843 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a pesca e o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Turín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Turín.
-
-
GALICIA
Pintor. Formouse con L. Pintos Fonseca e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cursou as especialidades de pintura, gravado e mural (1956-1961). Completou a súa formación nos Países Baixos, como gravador, e en Italia, como muralista. Evolucionou desde o expresionismo (Compostela, 1978) cara á abstracción e o informalismo, facéndose cada vez máis manifestas as características cubistas (Gaiteiro gris, 1993; Cabeza, 1994) e futuristas. Tendeu a darlle un maior colorido ás escenas (Diálogos, 1984), xogando coa variabilidade de tons e poñendo moito coidado na consecución de texturas. Representou escenas figurativas, con personaxes extraídos do mundo da farándula (Pitonisa, 1993; Trasnos na vila, 1996), como arlequíns, pallasos, monicreques (Soño de marionetas, 1998) ou bailarinas (Danzarinas, 1994), ademais de temas musicais como Liña melódica (1986), Homenaxe a Haydn (1987-1988) e Concerto...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ferrol (1895-1898) e posteriormente na universidade e na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, ata 1906, momento no que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando como profesor axudante. Traballou sobre todo en Ferrol, onde foi arquitecto municipal, e na súa comarca, e caracterizouse polo respecto do contexto arquitectónico e o emprego da galería nas fachadas. Os primeiros anos da súa produción (1910-1920) son de carácter modernista, destacando as casas Vázquez (1912), Romero, Brañas (1913) e Rodríguez Trigo (1914) ou o Hotel Ideal Room (1917). Das obras da década de 1920, eclécticas e monumentais, destacou o deseño da fachada para o Teatro Jofre, o Casino, con Julio Galán Carbajal e José de la Peña Gabilán, a casa Dopico Seselle (1925) ou o edificio Pita Romero, modificado posteriormente por Nemesio López Rodríguez. Na seguinte década achegouse á art-decó, na casa Prieto Poupariña (1933) ou...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Udine, Friuli-Venecia-Xulia, Italia (94.759 h [2001]). Está situada á esquerda do río Tagliamento. Fundada no s XIII, desde mediados do s XVI quedou baixo o dominio de Venecia. Polo Tratado de Viena de 1848 pasou a Austria, ata a entrada das tropas italianas, en 1848. Destacan a igrexa de Santa Maria di Castello (s XII) e a Loggia di San Giovanni (1533).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Friuli-Venecia-Xulia, Italia (4.904 km2; 518.234 h [2001]). A súa capital é Udine.