"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron diversas doutrinas que admiten na Trindade tres persoas que son tres deuses. O primeiro en ser acusado de triteísmo foi Marción, no s II. Na Alta Idade Media o cóengo Roscelin, o bispo de Poitiers Gilbert de la Porrée (1076-1154) e o monxe cisterciense Xoaquín de Fiore foron condenados pola Igrexa (1092, 1146 e 1215, respectivamente) de herexía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maneira de pensar, de falar ou de obrar, fundada nunha visión desproporcionadamente optimista dunha actuación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de funcións orgánicas que están relacionadas coa nutrición dos tecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de orientación dun organismo baixo a influencia unilateral dun factor estimulante. Un tropismo é positivo se o organismo ou órgano se dirixe cara ao foco do estímulo, e negativo se se afastan. Se a orientación é segundo a dirección do estímulo trátase dun ortotropismo, e se é perpendicular ou oblicua trátase dun plaxiotropismo. Segundo o tipo de estímulo os tropismos poden ser, entre outros, actinotropismo, fototropismo ou xeotropismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política que, dentro do movemento comunista internacional segue as teses de Lev Trockij. Os puntos doutrinais básicos do trotskismo son: a teoría da revolución permanente, ligada á afirmación de que a revolución socialista ten que ter necesariamente un carácter internacional; a teorización da existencia dunha casta burocrática na URSS, que usurpaba o poder obreiro e chegaba á forma extrema do stalinismo; e a necesidade da construción dun partido de vangarda que una os sectores máis conscientes e activos do proletariado. Historicamente, concretouse como unha corrente dentro do comunismo en 1923, coa formación, no seo do partido bolxevique, da Oposición de Esquerda. Vencido por Stalin na URSS, o trotskismo estendeuse aos partidos comunistas do resto do mundo, dos que foi sucesivamente expulsado. Asemade, a morte de Trotski (1940) e a Segunda Guerra Mundial paralizaron o trotskismo. Desde entón conseguiu algúns éxitos locais en países do Terceiro Mundo, Bolivia, Sri Lanka, e conseguiu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
erdade banal e demasiado evidente para merecer ser enunciada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político na Rusia dos tsares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina teolóxico-moral segundo a que hai que seguir, en cuestións discutibles, a opinión máis favorable á lei moral. Contradí tanto o laxismo como o probabilismo.
-
-
Feito de viaxar por pracer. O termo tourist (turista) xurdiu en 1800 para designar os británicos de clase alta que realizaban o Grand Tour ou viaxe de fin de estudos, cara aos centros da cultura europea clásica (París, Roma ou Florencia), durante un ou dous anos. O conxunto de actividades que realizaban podía definirse como tourism (turismo). Algúns especialistas remontan a súa orixe á Antigüidade, -proclamando como viaxes turísticas algunhas campañas da cultura helenística- ou á Idade Media, época das grandes peregrinacións, das cruzadas e da proliferación de novas rutas comerciais. Este modelo de viaxe exploratoria afianzouse co nacemento dos primeiros estados modernos que, logo da consolidación das misións diplomáticas, xustificou a viaxe de centos de persoas dun lugar a outro do planeta. Outra tradición relacionada co turismo foi a dos exploradores. Os cambios fundamentais na maneira de coñecer o turismo producíronse a partir da segunda metade do s XX, cando pasou...
-
Conxunto de actividades relacionadas coas viaxes deste tipo.
-
Conxunto de turistas.
-
Nome dado ao automóbil con capacidade para nove persoas ou menos, incluído o condutor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina eucarística que afirma que Xesús Cristo está presente ao mesmo tempo en todas partes e na Eucaristía, principalmente defendida polos luteranos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento estético que apareceu na Península Ibérica en 1919 e que durou ata 1922, coa desaparición da revista Ultra. Escolma das correntes europeas de vangarda, o primeiro manifesto apareceu na revista Grecia en 1919 e o seu teorizador foi Guillermo de Torre co Manifiesto vertical ultraísta (1920). Pretendía unha renovación total da arte literaria, mediante a imaxe e a metáfora e suprimindo todo elemento externo, narrativo, anecdótico ou sentimental. Entre os seus cultivadores destacan, ademais do seu teorizador, G. Diego e J. L. Borges.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Límite de transformación das rochas nos procesos de metamorfismo. Cando a presión e a temperatura teñen uns valores elevados, o metamorfismo chega á súa última fase e entón as rochas pasan ao estado de fusión.
-
-
Doutrinas que sosteñen o predominio do papado nas relacións entre Igrexa e Estado.
-
Doutrina conservadora e reaccionaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que defende o absolutismo monárquico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario creado por Jules Romains cara a 1903, exposto en La vie unanime (1908), que se basea na idea do escritor como representante da alma colectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento proselitista da Igrexa Católica cara ás igrexas orientais encamiñado a subtraerlles a súa xurisdición e unilas a Roma, aínda que mantendo os seus propios ritos e tradicións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de organización parlamentaria fundamentada nunha cámara única, que adoita ser elixida por sufraxio universal, elección indirecta ou nomeamento.
-
-
Tendencia a uniformar.
-
Predominio da uniformidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
actualismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo social e sistema de organización en que o parentesco está determinado, en oposición á organización bilinear, por unha soa liña de descendencia, sexa a paterna (patrilineal) ou a materna (matrilineal).