"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Conxunto de tres bases consecutivas dun ADN ou ARN que codifican un aminoácido.

    2. Estado dos átomos ou das moléculas que teñen dous electróns desaparellados.

    3. Raia espectral que está constituída por tres elementos.

    4. Obxectivo formado pola asociación de tres lentes para corrixir os problemas cromáticos e da esferidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemiplexía que está acompañada de parálise dun membro do outro lado. OBS: A grafía <x> represéntase co son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escrito ou petición procesual para contestar a unha dúplica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de triplicar ou triplicarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que triplica.

    2. Aparato transformador de frecuencia estático, que está deseñado para aumentar tres veces a frecuencia de entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Multiplicar por tres.

    2. Responder nun proceso por medio dunha tríplica á dúplica da parte contraria.

    3. Multiplicarse por tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de ferro e manganeso, de fórmula (Fe,Mn)2(PO4)F, que cristaliza no sistema monoclínico en forma de masas irregulares. É marrón, vermello ou negro e ten unha dureza de 5 e un peso específico de 3,5 a 3,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que equivale a tres veces outro ou que o contén tres veces.

    2. Cantidade que equivale a tres veces outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • triblástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta triploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliploidía en que a dotación cromosómica é tripla, polo que se designa como 3n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección da visión que se manifesta na visión de tres imaxes simultáneas en vez dunha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten triplo número de estames que de pétalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que procede dos tecidos (tromboplastina tisular) ou do sangue (tromboplastina sanguínea) que, xunta outros factores da coagulación e cataliza a formación de trombina a partir de protrombina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen naceu de pai turco e nai grega.

    2. Membro da soldadesca mercenaria, xeralmente de orixe turca, mesmo pode ser que de pai turco e de nai grega. Formaban un corpo de cabalaría lixeira e estaban ao servizo das diversas ordes militares establecidas en Chipre, Xerusalén ou Rodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural que constitúe un sistema litoral formado pola enseada do Grove, a praia da Lanzada, a punta Carreirón e a lagoa de Bodeira. A enseada do Grove presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes en que se sitúan importantes colonias de aves mariñas. A lagoa de Bodeira, na península do Grove, é a única lagoa costeira da provincia de Pontevedra. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Complexo Ons-O Grove na proposta da Rede Natura 2000 en 2001. Ademais foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona Ramsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa española creada en 1969 ao fusionarse a Compañía Española de Minas de Río Tinto e a empresa química Unión Española de Explosivos (fundada en 1896). Desenvolveu as súas actividades en varios campos, como a petroquímica, os fertilizantes, as refinarías de petróleo, os explosivos, a química inorgánica, a minaría do cobre ou a recuperación de piritas. Foi a primeira empresa química española polo seu volume de vendas en 1986, pero viuse moi afectada pola crise do sector químico e en 1988 pasou á órbita do grupo KIO. En 1992 tivo que presentar suspensión de pagos, e en 1994 foi adquirida polo grupo holandés Pallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1919 para continuar os traballos da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. Ten como obxectivos o fomento da cooperación entre os químicos dos estados membro, o estudo de temas relacionados coa química de interese internacional onde faga falla regulación, a estandarización ou codificación e a contribución ao desenvolvemento da química pura e aplicada en todos os seus aspectos. Os seus órganos de expresión son o Journal of Pure and Applied Chemistry e o Chemistry International.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión montañosa do S de Escocia, formada por granitos e materiais paleozoicos recubertos en certos lugares por rochas volcánicas. Ten a súa altitude máxima no monte Cheviot (816 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do S de Suecia, bañada, no sector costeiro, polo golfo de Botnia, no Mar Báltico. Abrangue parte da cidade e do län de Estocolmo e dos läner de Uppsala e de Västmanland.

    VER O DETALLE DO TERMO