"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Tivo un papel decisivo na interpretación do código xenético e en 1961 encontrou ribosomas e conxugounos cun ARN artificial. Amosou como as instrucións xenéticas no núcleo celular controlan a composición das proteínas. Recibiu a Medalla Nacional de Ciencia e o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1968), que compartiu con H. Gobind Khorana e Robert W. Holley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo sueco. As súas liñas de investigación centráronse nas linguas romances e na súa literatura histórica. Publicou Syntaktische Forschungen (Estudos sintácticos, 1943), Beiträge zur spätlateinischen Syntax (Achegas á sintaxe do latín tardío, 1944), La poésie latine rythmique du haut moyen âge (1954), Introdution à l’étude de la versification médiévale (1958) e Manuel pratique du latin médiéval. Foi membro das academias suecas de Belas Artes e Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico alemán. Fundou en Laon a orde de Prémontré, aprobada en 1126. Vendeu todos os seus bens e repartiunos entre os pobres. Fundou a abadía de Prémontré, predicou contra unha seita maniquea e foi arcebispo de Magdeburg, cidade onde morreu e onde se atopa enterrado. Segundo unha lenda, tragouse unha araña velenosa que caera no seu cáliz cando estaba celebrando a misa. Na iconografía represéntase con vestiduras episcopais ou de frade premonstratense, cun cáliz cunha araña, un ostensorio ou un escapulario. A súa festividade celébrase o 6 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico austríaco. Especializouse na investigación da Terra por medio de sensores remotos situados en satélites artificiais. Emigrou a EE UU e en 1953 participou no proxecto de satélites meteorolóxicos TIROS e Nimbus e nos de busca de recursos terrestres ERTS e Landsat. Foi xefe da sección de medidas físicas no centro Goddard da NASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Estudou e doutorouse na University of Cambridge. Especializouse no estudo de reaccións químicas ultrarrápidas e das variacións do equilibrio químico baixo pequenos impulsos eléctricos. Destaca o seu artigo “Fifty years of physical chemistry in Great Britain” (1969). Recibiu o Premio Nobel de Química (1967), xunto con George Porter e   Manfred Eigen, polos seus estudos sobre as reaccións ultrarrápidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos expresionistas alemáns que, a finais da Primeira Guerra Mundial, se organizaron coa intención de reconstruír Alemaña despois do desastre. Vinculados activamente ao proceso revolucionario alemán de 1918 e seguindo o exemplo soviético de 1917, intentaron facer unha arquitectura ao servizo do pobo. O fundador foi B. Taut, seguido por H. Poelzig, P. Behrens e H. Scharoun. W. Gropius, F. Ll. Wright e Mies van der Rohe, antes de formular o racionalismo arquitectónico rigoroso, estiveron tamén vinculados ao grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. En 1747 compuxo o seu primeiro espectáculo para a Opéra Comique. Foi primeiro bailarín e mestre de baile nos principais teatros de Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Austria e Italia. Publicou Lettres sur la danse et sur les ballets (1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada ao N de Pôrto Alegre (199.479 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Colaborador de diversos xornais e revistas, como Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, caracterizouse pola súa sensibilidade lírica. Publicou os libros de poemas Silencio (1932) e El sueño desanclado (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Francis Bacon que se publicou en 1620 e que se presentou xa en 1612 en Cogitata et visa. Precedida dunha autobiografía intelectual, consta de dous libros de aforismos sobre a interpretación da natureza e o reino do home, que formaban a segunda das cinco partes da Instauratio Magna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baviera, Alemaña (486.628 h [2000]). Capital histórica de Franconia, sitúase á beira do Pegnitz, nun cruzamento de vías entre os portos italianos e as cidades hanseáticas do N, entre o Rin e o Danubio. Tivo un papel importante na historia alemá e forma unha conurbación industrial con Fürth e Erlangen. Das súas industrias destacan as de automóbiles, de maquinaria, de aparatos de precisión, químicas e papeleiras. En 1191 constituíuse como burgraviato pertencente aos Hohenzollern. Foi sede da dieta imperial en varias ocasións e nunha delas ditouse a Bula de Ouro (1356), que establecía o número dos electores imperiais. Os Hohenzollern intentaron anular o desenvolvemento das liberdades municipais, o que provocou unha guerra civil entre os señores e a cidade entre 1388 e 1389. Finalmente, os Hohenzollern cedéronlle o seu feudo á cidade en 1427, pero o contrato de cesión, mal interpretado, deu lugar ás guerras dos margraves (1449-1450 e 1552-1553). Durante os ss XV e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de carácter defensivo asinado en Nuremberg en 1538 entre o Emperador Carlos V, os príncipes alemáns e as cidades alemás para reaccionar contra os progresos do luteranismo nos países nórdicos. Atacou os príncipes protestantes reunidos na Liga da Esmalcalda e venceunos na Batalla de Mühlberg en abril de 1547. O emperador convocou entón a Dieta de Augsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuízo que se celebrou en Nuremberg por un tribunal militar internacional contra 24 membros do Partido Nazi e oito organizacións acusadas de crimes de guerra (20 de novembro de 1945-1 de outubro de 1946). O veredicto condenou a ser aforcados a Hermann W. Göring, Joachim von Ribbentrop, Alfred Rosenberg, Hans Frank, Wilhelm Frick, Julius Streicher, Fritz Sauckel, Arthur Seyss-Inquart, Ernst Kaltenbrunner, Wilhelm von Keitel e Alfred Jodl. Foron sentenciados a prisión Karl Dönitz, Erich Raeder, Konstantin von Neurath, Walter Funk, Albert Speer, Baldur von Schirach e Rudolf Hess. Foron absoltos Horace G. H. Schacht, Hans Fritsche e Franz von Papen, e catro organizacións foron condenadas: o Partido Nazi, a Gestapo, as SS e o SD (Servizo de Seguridade). O veredicto permitiulle á ONU definir o delito de xenocidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal penal internacional creado por EE UU, URSS, Reino Unido e Francia en 1945 para xulgar os crimes cometidos polas potencias europeas do Eixe durante a Segunda Guerra Mundial. Xulgou tres tipos de feitos delituosos: os crimes contra a paz, os de guerra e os crimes contra a humanidade. Os principios deste tribunal formaron a base legal das normas que se aplicaron posteriormente noutros tribunais internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo estadounidense. Trasladouse a Inglaterra e fundou o Journal of Hygiene, ideou unhas probas na análise clínica do sangue e illou o Bacillus aerogenes capsulatus da gangrena gasosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa estadounidense. Coñecida como Dorothea Lange, formouse con Arnold Genthe (1914) e Clarence White (1917-1918). Entre 1919 e 1940 traballou como fotógrafa independente e estableceu o seu propio estudo en Berkeley. A partir de 1932 retratou as persoas no seu propio contexto social, rexeitando calquera manipulación, o que a levou a traballar para a Farm Security Administration (FSA) fotografando as vítimas da Gran Depresión en EE UU (1935-1942). Fundadora da revista Aperture (1952), colaborou con Life e viaxou polos continentes americano e asiático. Publicou The American Country Women (1967) e Dorothea Lange (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto automobilístico italiano. Despois dunha exitosa carreira no mundo do motociclismo (1921-1930), chegou ao automobilismo da man de Alfa Romeo (1930), para logo pasar a Ferrari (1935). Foi o único que inquietou a superioridade das marcas alemás Mercedes-Benz e Auto Union. Gañador de varios grandes premios, destacan as súas vitorias en Tunisia, na Eiffelrennen, na Coppa Ciano, na Targa Florio e nas 24 Heurs de Le Mans (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga residencia de verán dos príncipes electores e reis de Baviera, en Múnic, construída en varias etapas desde 1664. Comezada por A. Barelli (1664-1675), foi ampliada en tempos de Maximiliano II Manuel (1679-1726) por J. Effner, con pavillóns como os de Badenburg (1718-1721) e Magdalenenklause (1725-1728). Finalmente engadíuselle o Amlienburg (1734-1739), obra de F. de Cuvilliés e peza mestra da arte rococó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1070 -? 1133) Bispo de Bamberg. Promoveu a edificación de igrexas e mosteiros. Represéntase con vestiduras episcopais e como atributos presenta unha maqueta de igrexa, por ser fundador; frechas ou cravos, xa que recollía as frechas dos soldados e llas daba aos monxes para facer cravos para as igrexas; e un can, animal avogoso contra a rabia en Alemaña. A súa festividade celébrase o 2 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1095 -? 1122) Bispo da Seu d’Urgell e reformador. Na súa iconografía viste de bispo con báculo e mitra. A súa festividade celébrase o 7 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO