"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión matemática da presión osmótica ΔP dunha disolución de n moles dunha substancia nun volume V, que presenta un comportamento ideal. Aplícase a disolucións diluídas. Exprésase por ΔP=nRT/V, sendo R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.
-
PERSOEIRO
Físico e químico holandés. En 1874 demostrou, independentemente dos traballos de Le Bel, a orientación en forma de tetraedro dos enlaces do átomo de carbono; isto axudou a explicar o fenómeno da isomería óptica. En 1877 publicou os seus estudios sobre termodinámica química. En 1884 desenvolveu os principios de cinética química e formulou a ecuación que leva o seu nome. Demostrou que en solucións diluídas a presión osmótica varía coa temperatura e a concentración. Das súas obras destaca Estudios de dinámica química (1884). En 1901 recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre estereoquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. A partir de The Graduate (1967), continuou unha carreira moi regular, que se consolidou co seu Oscar por Kramer versus Kramer (1979). Outras películas destacadas nas que participou son Midnight Cowboy (1969), Little Big Man (1970), Lenny (1974), Tootsie (1983), Rain Man (1988), pola que recibiu un Oscar ao mellor actor, e Hero (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e compositor alemán. Como compositor estreou singspiele, titulados Die Lustige Musikenten (Os músicos divertidos, 1805) e Undine (1816), unha das primeiras óperas románticas. Como escritor destacou con Der goldene Topf (A pota de ouro, 1812) e Nussknacker und Mäusekönig (Crebanoces e o rei dos ratos, 1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi un dos fundadores da Wiener Werkstätte (1903) e un dos precursores sa arquitectura funcional. Defensor da simplicidade xeométrica, creou a Quadratel-Hoffmann, fórmula decorativa que alterna cadrados e rectángulos brancos e negros. Decorou o vestíbulo do palacio da Sezession en Viena (1902) e fixo o sanatorio de Purkersdorf (1903) e o palacio Stoclet de Bruxelas (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense de orixe polaca. Estudiou nas universidades de Columbia e Harvard, doutorándose nesta última en 1962. É profesor de física da Universidade de Cornell desde 1974 e escribiu o libro Conservación da simetría orbital, publicado en 1969. En 1981 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con K. Fukui, polos seus traballos baseados na teoría das perturbacións dos orbitais moleculares, e polo desenvolvemento de análises da simetría dos orbitais moleculares, que regulan o curso das reaccións químicas (regras de Woodward e Hoffmann).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e autor dramático. Vinculado aos círculos artísticos de Viena e defensor da dimensión estética da creación artística, na súa obra déixase sentir a influencia de Nietzsche ou Wagner, pero tamén a de Strauss, músico co que colaborou en proxectos como O cabaleiro da Rosa, Ariadna en Nasos ou A muller sen sombra, e destacou como un grande autor de libretos. Na súa produción atopamos traxedias clásicas como Electra (1901), Edipo e a esfinxe (1902) ou Edipo rei (1903) e adaptacións de clásicos universais como A Torre, inspirada no drama barroco e en Calderón de la Barca, coa que obtivo un éxito notable en 1925. Fascinado polas teorías de Freud, tamén escribiu textos cunha visión máis decadente e simbolista, en ocasións próxima a un misticismo romántico, das que destacan Der Tod des Tizian (A morte de Tiziano, 1892), Der Tor und der Tod (O tolo e a morte, 1893), Die Fran in Fenster (A muller na fiestra,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Illou a anilina do alcatrán, determinou as substitucións sobre o anel bencénico, investigou no campo dos alcaloides e fixou a estrutura dos colorantes do trifenilmetano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción na que os hidróxidos de amonio cuaternarios, nos que un dos substituíntes do nitróxeno ten polo menos un átomo de hidróxeno na posición β, se descompoñen, ao quentalos, e dan unha olefina e unha amina terciaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de transposición que constitúe a etapa clave da conversión dunha amida noutra cun átomo de carbono menos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No ano ou na época en que estamos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado na Coruña a partir do 21 de abril de 1865. Cesou a súa edición o 14 de xullo do mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ares Hermanos e participaron na súa redacción Romualdo B. Leal, Luís Tettamancy e Xoaquín D. Caunedo. Puido ter unha segunda época de edición en 1868.
-
PERSOEIRO
Poeta. O sentido tráxico da vida e a morte marcaron os seus primeiros volumes de poemas simbólicos, dos que destacan Blouznivy vějíř (O baldío delirante, 1926) e Triumf smrti (O triunfo da morte, 1930). A culminación da súa obra é Noc s Hamletem (A noite con Hamlet, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tecido fino de liño que se emprega especialmente para facer sabas ou roupa interior.
-
Augardente obtida por destilación directa de viños puros e sans cunha graduación de 65°.
-
-
REXIÓNS
Rexión occidental dos Países Baixos, dividida en dúas provincias: Holanda Meridional e Holanda Setentrional. Situada á beira do mar do Norte, e cun territorio maioritariamente baixo o nivel do mar, está resgardada por sistemas de cordóns dunares litorais reforzados por diques (polders). É unha das rexións máis intensamente industrializadas e máis densamente poboadas de Europa, con case que 800 h/km2. Antigo territorio dos batavos, que habitaron no territorio comprendido entre o Rin, o Wahal e o Mosa. Incorporouse aos dominios de Carlomagno e durante a Alta Idade Media estaba formado por un conxunto de condados, ducados e dioceses do Sacro Imperio. Considérase que o fundador da dinastía holandesa foi o conde frisio Dirk I, que recibiu os bens da abadía de Egmont en 922. Posteriormente Dirk III, conde de Holanda, fundou a cidade de Dordrecht cara a 1015 e, despois de derrotar ao duque de Lorena, impuxo a recadación de impostos en Mosa e en Waal (1018). Os condes de Holanda...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación inexacta que recibe nalgunhas ocasións o conxunto dos Países Baixos cando se fai referencia ao seu estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Países Baixos (3.446 km2; 3.397.744 h [2000]). A súa capital é A Haia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Países Baixos (4.059 km2; 2.518.354 h [2000]). A súa capital é Haarlem.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cornielles de Holanda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito suscitado por Francia contra as Provincias Unidas (1672-1678) por causa do seu crecente pulo económico e das consecuencias da Guerra de Devolución. Luís XIV tras aumentar as súas taxas aduaneiras (1667), buscou a alianza con Inglaterra, Portugal, Savoia, Baviera e Suecia para ocupar Lorena (1670) e atacar as Provincias Unidas (1672). Os holandeses, ante os ataques dos exércitos franceses, buscaron o apoio da coroa hispánica, do Sacro Imperio e de Dinamarca e nomearon a Guillerme III de Inglaterra stadhouder de Holanda. Non obstante , a retirada do conflito de Inglaterra (1674) e a derrota dos exércitos suecos (1675) obrigaron a Luís XIV a iniciar as conversacións que culminaron coa Paz de Nimega (1678).