"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi un dos fundadores do prerrafaelismo. A súa pintura, naturalista, inspirouse nos temas relixiosos e históricos. Das súas obras destacan Triumph of the innocents (1844), The light of the world (1851-1856) e The scapegoat (1854). Escribiu Pre-Raphaelitism and the Pre-Raphaelite Brotherhood (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político húngaro. Ao servizo do Emperador Sexismundo I, derrotou os turcos nas batallas de Semendria (1441) e de Sibiu (1442) e foi o gobernador de Hungría durante a rexencia de Ladislau VI (1446-1453).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento oroxénico do Arqueozoico que afectou á actual Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Huroniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valí de Al-Andalus (716-719). Substituíu a Ayyūb ibn Habīb al-Lahmī e trasladou a capital de Sevilla a Córdoba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e predicador checo. Rector da Universidade de Praga (1402-1414), predicou en checo. Asumiu as doutrinas do inglés John Wycliffe, condenadas despois por Alexandre V (1409). En 1412 pronunciouse contra a indulxencia de cruzada concedida polo papa contra Ladislau de Nápoles, e tivo que exiliarse. Durante o seu exilio redactou o tratado De ecclesia (1413), en que presentou á Igrexa como a comuñón dos predestinados. Convocado o Concilio de Constanza (1414), quixo acudir a expresar persoalmente as súas doutrinas, dereito que se lle concedeu, malia estar excomungado. As súas doutrinas foron condenadas como heréticas e as autoridades seculares executárono na fogueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei haxemita de Xordania (1952-1999), fillo e sucesor de Ṭ alāl I. A súa participación na Terceira Guerra Árabe-israelí (1967) custoulle a ocupación israelí de Cisxordania e a presenza no país de guerrilleiros palestinos, que expulsou en 1970. Apoiou a Iraq na guerra contra Irán (1980-1988) e na Guerra do Golfo Pérsico (1991), feito que deteriorou as súas relacións co mundo occidental. Na década de 1990 levou a cabo unha intensa actividade diplomática, coa firma en 1994, en ’Ammān, dun acordo de paz co primeiro ministro israelí Yitzhak Rabin e a mediación nas negociacións entre israelís e palestinos. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias a la Concordia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo irlandés. Máximo representante da teoría do sentido moral e precursor do utilitarismo aplicado principalmente á ética, colocou no sentimento a fonte do coñecemento moral. Entre as súas obras destacan The Original of Our Ideas of Beauty and Virtue (1725), An Essay on the Nature and Condut on the Passions and affections (1728) e System of Moral Phylosophy (1755).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo inglés. Graduouse en 1938 e doutorouse en 1941 en Cambridge. Colaborou con A. L. Hoodgkin no estudo dos pulos nerviosos e da bomba de sodio da membrana da célula nerviosa; tamén estudiou a fisioloxía da contracción das fibras musculares. Entre as súas publicacións destaca Reflections on muscle (1980). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1963), xunto con H. L. Hodgkin e J. C. Eccles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Neto do naturalista Thomas H. Huxley, foi, como el, un defensor entusiasta do evolucionismo. Profesor de zooloxía en Londres, foi nomeado primeiro director xeral da UNESCO. Escribiu, entre moitas outras obras, Evolution, The Modern Synthesis (1942) e Evolution in Action (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico holandés. Os seus estudios de mecánica en 1673 deron lugar ao reloxo de péndulo. Xunto co seu irmán Constantino, construíu telescopios e microscopios. É famosa a súa teoría sobre a natureza ondulatoria da luz, de 1690. Estudiou a forza centrífuga e o choque de corpos elásticos. Xunto con Pascal e Fermat, foi un dos vangardistas do cálculo de probabilidades. Foi o primeiro en recoñecer os aneis que hai ao redor de Saturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rudolf Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Comezou a súa carreira co grupo naturalista dos Goncourt. Incluído na corrente decadentista de finais do s XIX, escribiu À Rebours (1884); e posteriormente, L’oblat (1904) e La cathédrale (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que constitúe a máxima altitude de Islandia. O seu cumio acada os 2.119 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (8.002 km2; 1.914.000 h [1987]). A súa capital é Haeju (229.172 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (8.007 km2; 1.409.000 h [1987]). A súa capital é Sariweon (254.146 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político hebreo. Ministro de Finanzas dos Reis Católicos, financiou, en parte, a Guerra de Granada. En 1492 estableceuse en Nápoles e en 1503 na corte dos duques de Venecia. Foi autor de numerosos tratados de filosofía, de apoloxética, do misticismo e da eséxese mesiánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo iacetano.

    2. Individuo do pobo iacetano.

    3. Pobo prerromano documentado polas fontes escritas grecolatinas durante os ss II e I a C. O seu territorio, nos vales do Pireneo aragonés, centrábase ao redor da cidade de Iaca (Jaca). Emitiron moeda ibérica co nome de Iaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de China, o máis longo de Asia e un dos máis importantes do mundo pola súa lonxitude (5.800 km), polo seu caudal medio (30.000 m3/s) e pola súa conca (1.726.000 km2). As súas cabeceiras nacen no altiplano do Tibet, na vertente setentrional do Tanglha, a 5.000 m de altitude. Discorre encaixado na rede de fracturas, feito que provoca sucesivos cambios de dirección, primeiro cara ao SL, logo cara ao NL, despois cara ao L, e de novo ao NL ata chegar a Wuhan; a partir desta cidade, onde empeza a ser navegable, vira cara ao SL e despois cara ao NL, ata o delta que forma na súa desembocadura no mar de China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo aplicado polos ingleses aos colonos sublevados de Nova Inglaterra e, máis tarde, durante a Guerra de Secesión, polos sudistas aos nordistas.

    2. Aplícase aos norteamericanos de orixe anglosaxona.

      1. Relativo ou pertencente a EE UU e aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de EE UU. OBS: Nestas dúas acepcións pode adoptar un matiz despectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO