Iang-Tsé ou Río Azul
Iang-Tsé ou Río Azul
Río de China, o máis longo de Asia e un dos máis importantes do mundo pola súa lonxitude (5.800 km), polo seu caudal medio (30.000 m3/s) e pola súa conca (1.726.000 km2). As súas cabeceiras nacen no altiplano do Tibet, na vertente setentrional do Tanglha, a 5.000 m de altitude. Discorre encaixado na rede de fracturas, feito que provoca sucesivos cambios de dirección, primeiro cara ao SL, logo cara ao NL, despois cara ao L, e de novo ao NL ata chegar a Wuhan; a partir desta cidade, onde empeza a ser navegable, vira cara ao SL e despois cara ao NL, ata o delta que forma na súa desembocadura no mar de China Meridional.