"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superior da atmosfera da Terra, situada por riba dos 1.000 km de altitude, entre a ionosfera e a magnetopausa, ata onde chega a influencia do magnetismo terrestre. Componse polos electróns e protóns do vento solar e da radiación solar captados polo magnetismo terrestre. Distínguense dous aneis de radiación forte, denominados cinturóns de radiación de Van Allen, cara aos 4.000 e os 15.000-20.000 km, respectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferir a alguén de gravidade.
-
-
Relativo ou pertencente aos mamíferos.
-
Vertebrado da clase dos mamíferos.
-
Clase de cordados vertebrados que está integrada por animais amniotas homeotermos e vivíparos, co corpo provisto de glándulas mamarias e xeralmente recubertos de pel. Os primeiros mamíferos orixináronse a finais do Triásico a partir dos réptiles terápsidos, e alcanzaron o seu máximo apoxeo durante o Plioceno. A súa temperatura corporal é constante e independente da do medio natural, excepto naqueles que presentan hibernación e estivación. Case todos os mamíferos teñen catro extremidades pentadáctilas moi diversas. Segundo a maneira de desprazarse diferéncianse: os plantígrados (coa planta do pé), os dixitígrados (cos dedos) e os ungulígrados (co pezuño). Estes últimos e os proboscídeos teñen o extremo dos dedos protexidos por pezuños, mentres que os outros os teñen protexidos por uñas. Nas especies escavadoras, arborícolas e voadoras, as extremidades están profundamente modificadas; as especie acuáticas téñenas modificadas en aletas, aínda que nos cetáceos e sirénidos non desapareceron...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén manganeso.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro austríaco. Por conta de Austria, deseñou armas, especialmente fusís militares e pistolas automáticas que foron empregados polos exércitos alemán, austríaco, romanés ou neerlandés. Tamén alcanzou gran prestixio o seu rifle de caza, con mecanismo de ferrollo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Desenvolveu a maioría da súa obra en Lugo, cidade na que introduciu o movemento modernista así como o concepto de casa xardín coa construción de vivendas unifamiliares. Destaca o edificio de vivendas na praza de España, o Instituto Xoán Montes (1935-1936), de estilo racionalista, e o Mercado Municipal. O seu racionalismo tamén quedou patente en Ourense no edificio Constantino Bouzo (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político filipino. Foi deputado (1949-1959) e senador (1959-1966), e acadou a presidencia do estado filipino en 1965. Outorgoulle parte do poder á súa esposa Imelda Romuáldez Marcos e instaurou un réxime autoritario. O asasinato do principal dirixente da oposición en 1983, Benigno Aquino, e a expansión da guerrilla comunista e musulmana, obrigárono a convocar eleccións presidenciais en 1986, que gañou Corazón Aquino, o que provocou a súa fuxida a EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Patoloxía vírica causada por un herpes que se localiza no folículo das plumas e que provoca o adelgazamento e morte das aves.
-
PERSOEIRO
Infanta de España e duquesa de Montpensier, filla do Rei Fernando VII e de María Cristina das Dúas Sicilias. Casou en 1846 con Antón de Orléans, duque de Montpensier, fillo do Rei Luís Filipe I de Francia. En 1868 foi expulsada, co seu marido, por conspirar contra a súa irmá, a Raíña Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán de infantería, morreu fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de Solís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador. Coñecido como Roberto Verino, creou a súa primeira colección pret à porter feminina en 1982 e abriu a súa primeira tenda en París (1983). Participou de forma continuada na Pasarela Cibeles (1984-1999 e 2002-2003), lanzou a súa primeira Colección de Hombre e a Verino Jeans en 1997, e xunto a diversos deseñadores fundou a Asociación de Moda de España (1999). Tamén iniciou a comercialización de produtos como perfumes (1992), lentes (1997) e revestimentos e pavimentos cerámicos (2002). Recibiu a Aguja de Oro (1992), a Medalla Castelao (1996) e a Vieira de Prata (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e profesor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad Autónoma de Madrid, investigou a medicina popular galega, as romarías, o entroido e o nacionalismo galego. Realizou tamén traballos de campo con comunidades indíxenas americanas, especialmente cos quechuas bolivianos. Nos seus traballos defende que a cultura popular galega forma parte da cultura tradicional europea, que é unha cultura con personalidade propia, formada na Idade Media, entroncada na da Antigüidade clásica; unha cultura que, lonxe de compoñerse de elementos illados, está perfectamente articulada. Colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada e Lumieira, dos seus numerosos estudios sobre antropoloxía cultural destacan Satán, sus siervas las brujas y la religión del Mal (1984), Cultura popular (1984), Autobiografía dun labrego (1986), Las romerías/peregrinaciones y sus símbolos (1987), O sexo na poesía popular galega (1995), Aparicións e Santa Compaña (1995), Simbolismo animal (1996), Contos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marcelino Rodríguez Fernández.
-
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Debutou en primeira división en 1979 co Estudiantes, para fichar polo Real Madrid C.F. dous anos despois, co que conseguiu catro ligas (1981-1982, 1983-1984, 1984-1985 e 1985-1986), tres Copas do Rei (1984-1985, 1985-1986 e 1988-1989), dúas Recopas de Europa (1984 e 1989) e unha Copa Korac (1987-1988). Na tempada 1986-1987 xogou na NBA cos Portland Trail Blazers. Coa selección española gañou a medalla de prata no Eurobasket de Nantes (1983) e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Redactor de El Diario de Cádiz e Pueblo, participou na posta en marcha de distintos informativos na Cadena SER, como Matinal (1964), Hora 25 (1972) e El informativo de las 8 (1977), logo coñecido como Hora 20. Participou tamén nos programas de TVE 24 Horas (1971) e Siempre en Domingo (1972) e na formación de Antena 3 Radio (1982). Promotor da creación de El Periódico de Catalunya (1978) e de Antena 3 TV (1990), ocupou a presidencia desta canle ata xullo de 1992. Director de Diario de Barcelona e La Gazeta del Arte, foi director xeral de BTRZ Análisis y Proyectos e presidente do consello de dirección de Estrella Digital, ademais de colaborar en ABC, COPE, La Clave e La Estrella.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Ángel de la Vega, A Mar ou O Marqués da Piringalla, traballou desde 1958 no xornal El Progreso, onde foi redactor xefe (1970-1995). Fundador e director do semanario El Heraldo de Vivero, en 1962 fundou Hoja del Lunes de Lugo, da que foi redactor xefe e director (1963) ata o seu cesamento (1987). Correspondente en Lugo das axencias Logos e Europa Press, publicou a guía Friol (1990), La Garra: zarpazos del año 2000 (1999) e Ánxel Fole: 101 anécdotas (2003). Obtivo o Premio del Concurso de Reportajes Periodísticos de Lotería Nacional (1964), foi nomeado Lucense do Ano (1995) e obtivo a insignia de ouro da Asociación da Prensa lucense (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. A súa actividade investigadora centrouse no estudo da evolución dos terreos metamórficos da antiga cordilleira herciniana nas áreas de Galicia e Castela e colaborou na elaboración de diversos mapas xeolóxicos a escala 1:50.000 e 1:200.000 de Asturias, Castela, Catalunya e Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Foi cóengo da diocese de Iria e bispo de Málaga (1825-1827). Opúxose aos afrancesados durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e durante o Trienio Constitucional (1820-1823) foi desterrado a Segovia. Escribiu Los famosos traidores e Sermón que a la publicación de la Bula de la Cruzada dixo en la Iglesia Catedral de Segovia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo e escritor. Redactor da La Voz de Galicia, publicou artigos en numerosas revistas de historia e literatura. Da súa produción destacan Morfología del gallego, La lengua gallega (1918), La Coruña, capital de Galicia. Guía del turista (1926) e La Región Gallega. Notas geográfico-económicas (1936). En 1926 ingresou na Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO