"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘tubo’, ‘fístula’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adenoma das glándulas sudoríparas que se caracteriza pola erupción de pequenas pápulas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección da medula espiñal que se caracteriza anatomicamente pola formación de cavidades no interior da medula, que se deben a anomalías do desenvolvemento, a tumores intramedulares e a inflamacións medulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión dunha fístula, especialmente dunha fístula anal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bisturí que se usaba na siringotomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano vocal, propio das aves, que está formado por un grupo de cartilaxes anulares entre as que hai dúas membranas que son as cordas vocais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo ou filla dun irmán ou dunha irmá, respecto dunha persoa.
-
GALICIA
Pintor. Foi profesor de debuxo na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Realizou unha obra de carácter realista caracterizada polo debuxo firme e por unha paleta de cores en que abundan os carmíns, amarelos, verdes e azuis. A súa temática é galega con representacións de paisaxes, rurais e urbanas, e escenas da vida cotiá. En 1911 obtivo a terceira medalla na Exposición Internacional de Barcelona e a segunda na Exposición Universal de Panamá de 1916 por Calle de una ciudad gallega. Participou tamén nas exposicións rexionais da Coruña (1917 e 1923) e Santiago de Compostela (1926). Das súas obras destacan Tríptico marinero, Tríptico campestre, Mujer con gallina, Crucero, Romería, Aira campesina e Santa María desde A Caeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista. Doutor en Ciencias Naturais (1911) pola Universidad de Madrid. Foi profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela e profesor da Escola de Artes e Oficios. Xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra, realizou a catalogación dos gravados rupestres galegos e descubriu o maior xacemento de berilo de España. Publicou Estudio sobre los cistólitos (1911), Insculturas galaicas prerromanas (1919), La dinamita en la pesca (1923), Petroglifos o insculturas rupestres de Pontevedra (1931) e Corpus petroglyphorum Gallaeciae (1935). Foi correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Director da Escola Normal de Maxisterio de Santiago de Compostela, trasladouse á Escola Normal de Madrid na segunda metade do s XIX. Como material pedagóxico escribiu Programa de sistemas y métodos de enseñanza y nociones de educación para uso de los aspirantes al título de maestro elemental (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Realizou, para a igrexa de Santa María da Guarda, o Retablo do Bon Suceso (1886) e o Santo Cristo da Saúde (1876). Da súa produción tamén destacan o Santo Cristo Xacente e as imaxes de Nosa Señora do Rosario e Nosa Señora das Angustias, da igrexa de San Miguel de Tabagón (O Rosal).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aparellador e arqueólogo, fillo de Ramón Sobrino Buhigas. Como aparellador do concello de Santiago de Compostela, dirixiu a restauración da fachada e da escalinata de Praterías da catedral e de San Martiño Pinario. Foi profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios compostelá, comisario local de escavacións arqueolóxicas, secretario do Seminario Gallego de Historia Primitiva da universidade e colaborador do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Colaborou co seu pai no estudo e catalogación dos gravados rupestres. Foi correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Doutorouse en Historia da Arte na Universidad de Madrid coa tese Cuatro pintores gallegos: Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto e Laxeiro (1973). Catedrática de Arte Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, centrou os seus estudos na arte contemporánea, en especial na galega. Dirixiu o proxecto Índice documental de escultores galegos do s XX (2002) e colaborou en diversas publicacións e exposicións. Das súas obras destacan Colmeiro (1981), O cartelismo en Galicia desde as súas orixes ata 1936 (1993) e Escultura contemporánea en el espazo urbano: transformaciones, ubicaciones y recepción pública (1999). Pertence ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Xosé Guillermo, a súa obra é de raíz expresionista e mostra, en ocasións, a influencia do muralismo mexicano. Nos debuxos emprega as cores intensas e achégase, ás veces, ao surrealismo pero sen afondar no onírico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista. Discípulo de A. Rubinstein, formouse en Nova York e en 1898 instalouse en Londres, onde foi profesor da Royal Guild-Hall School of Music. Deu concertos con P. Sarasate e acompañou tamén ao violinista E. Ysaye. Participou no Cuarteto Español de Arbós e con este e Rubio formou un trío. Estreou Sinfonía sobre un canto montañés francés e Sinfonía Cénevole de V. D’Indy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar o 24 de xuño de 1859, preto da vila lombarda de Solferino, entre as tropas franco-piemontesas, dirixidas por Napoleón III, e as austríacas, mandadas polo Emperador Francisco Xosé I, no curso da guerra pola independencia de Italia. A derrota austríaca, xunto coa anterior de Magente, obrigou a Francisco Xosé I a ceder Lombardia a Francia, que a entregou a Piemonte, a cambio da Alta Savoia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación mariñeira que substituíu a comezos de 1930 á sociedade Alianza Marinera, disolta pola Ditadura de Primo de Rivera. En 1931 integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera. Promoveu durante trece meses o amarre da frota sardiñeira con base en Moaña. Desapareceu coa Guerra Civil.
-
PERSOEIRO
Poeta romanés. Das súas obras destacan Moartea ceasului (A morte do reloxio, 1966), Poeme (1967), Tinereţea lui Don Quijote (A xuventude de Don Quixote, 1970) e Traversarea (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boxeador que actúa como adversario no adestramento doutro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, co tronco longo e esvelto recuberto por unha pelame de cor castaña. Vive en zonas de estepa árida e bosque claro de África, desde o cabo de Boa Esperanza ata o Zambeze. OBS: Tamén se denomina antílope saltador.