Sobrino Buhigas, Ramón
Sobrino Buhigas, Ramón
Naturalista. Doutor en Ciencias Naturais (1911) pola Universidad de Madrid. Foi profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela e profesor da Escola de Artes e Oficios. Xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra, realizou a catalogación dos gravados rupestres galegos e descubriu o maior xacemento de berilo de España. Publicou Estudio sobre los cistólitos (1911), Insculturas galaicas prerromanas (1919), La dinamita en la pesca (1923), Petroglifos o insculturas rupestres de Pontevedra (1931) e Corpus petroglyphorum Gallaeciae (1935). Foi correspondente da Real Academia Galega.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso
Lugar : Valladolid