"Ada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Rabaño de ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor irlandés. Situado á esquerda do republicanismo, en 1918 uniuse ao IRA e foi encarcerado. Fundou, xunto con G. Gilmore e F. Ryan, o Republican Congress (1934) e participou na Guerra Civil Española. Foi editor de diversas publicacións, como The Workers Voice ou The Bell (1946-1954). Das súas obras destacan Storm (1925), The Gates Flew Open (1932), Salud! An Irishman in Spain (1937) e There Will Be Another Day (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento que se fai cunha pa.

    2. Cantidade de algo que cabe nunha pa.

    3. Golpe dado coa pa do remo na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte superior da cavidade bucal e inferior da cavidade nasal. Está constituído por unha parte ósea e por unha parte branda que representa unha válvula destinada a interceptar a comunicación entre a farinxe e a fosa nasal posterior.

    2. Parte da bóveda superior da cavidade bucal que intervén na articulación dos sons. Segundo as necesidades clasificatorias de cada sistema fonético, distínguese entre prepadal, padal medio e pospadal.

    3. Gusto e sabor que se percibe da comida ou da bebida.

    4. Capacidade para apreciar e distinguir os sabores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Sumatra Occidental, Indonesia (739.500 h [1996]). Sitúase na costa occidental da illa de Sumatra, na desembocadura do Aran, nunha baía ben protexida que contribuíu á importancia do seu porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Marido actual dunha muller respecto a os fillos que esta achega ao matrimonio.

      2. Persoa que ten un trato cruel cos seus fillos polo que é considerado un mal pai.

    1. Pequeno anaco de pel que se levanta ao redor das unllas das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo padaung.

    2. Individuo do pobo padaung.

    3. Pobo que habita en Myanmar e Tailandia. Procedentes do deserto do Gobi, foron desprazados polos birmanos cara as montañas de Myanmar oriental ata reducir a súa presenza ao estado de Kayah, sendo máis numerosos os refuxiados en Tailandia. É característico que as mulleres nacidas no mércores de lúa chea leven aneis de bronce no pescozo e nas pernas como símbolo de orgullo e beleza. Comezan a poñelos aos cinco anos e, cada tres anos, engaden tres aneis ata chegar a un total de 24. Son coñecidas como as mulleres xirafas. OBS: ;Tamén se denomina kayán.

    4. Lingua do phylum sino-tibetano que fala o pobo padaung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Lincenciado en Dereito. Membro do Corpo Xurídico Militar e coronel auditor, foi vogal e presidente do Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia, vogal do Consejo General del Poder Judicial e deputado no Congreso de los Diputados desde 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun paifoco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que está situado na parroquia de Penouta (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.581 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Epigramista grego. Conserváronse máis de 150 epigramas da súa autoría na Antoloxía Palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de gran, carbón, morteiro ou outra materia que se pode coller dunha soa vez cunha pa ou cunha paleta.

    2. Golpe dado cunha paleta.

    3. Traballo que realiza o albanel cada vez que aplica o material coa paleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que pasou a Portugal, onde se estableceu. Trae como armas, en escudo partido: primeira partición, en campo de goles, media lúa de prata coas puntas para abaixo, e segunda partición, en campo de ouro, unha cruz floreteada, de azul; medio cortado de azul, cunha banda de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou dito propio dun pallaso.

    2. Acción ou dito falto de seriedade, e que pode resultar ridículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Palla mesturada con herba, especialmente a miúda que queda na leira despois da sega.

    2. Mestura de cousas que valen pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palla ou herba desfeita coa que se estran as cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado coa palma da man.

    2. Ruído que produce o golpe que se dá coas palmas da man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SL da parroquia de Liripio (A Estrada). O seu cumio acada os 684 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Brazada de herba seca ou de palla.

    2. Gavela de estrume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de actividades propias da elaboración do pan.

    2. Oficio de panadeiro.

    3. Lugar onde se fai ou vende pan.

    VER O DETALLE DO TERMO