Palladas
Palladas
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que pasou a Portugal, onde se estableceu. Trae como armas, en escudo partido: primeira partición, en campo de goles, media lúa de prata coas puntas para abaixo, e segunda partición, en campo de ouro, unha cruz floreteada, de azul; medio cortado de azul, cunha banda de prata.